IFECGÁS PEREIRA XIRIA 48 – BM.PORRIÑO 13

XORNADA 3

21/10/2012

Ifecgás Pereira Xiria: 48 (24+24): Zúpez, Rubén Gómez (9), Martín (4), Javi (4), Edu (6), Alberto (3), Calvete (5) -equipo inicial- José (3), Julián (7), Anes (4), Fidi, Óscar (3).

Bm. Porriño: 13 (3+10): Sousa, Sergio (3), Ramos (2), Adrián (2), David (2), Gabriel (1), Dani (2) -equipo inicial- Jordan, Roberto, Xoan, Abdelhadi (1).

Colexiads: Fernando Eiras e Pedro Eiras.

Partido da terceira xornada da División de Honra en categoría xuvenil que enfrontaba a dous equipos, a priori, moi distantes no seu xogo. Hai pouco máis dun mes os de Carballo xa venceran ao equipo porriñés por un contundente 13-50 na competición de Copa, polo que se esperaba un duelo certamente desigual nesta ocasión.

As previsións non foron erróneas e os bergantiñáns saíron dende o minuto un a rematar a faena pola vía rápida. O forte ritmo na retagarda e a velocidade puxéronse de manifesto dende os primeiros compases e os visitantes víanse superados en todas as facetas do xogo sen ofrecer apenas resistencia. O Xiria mantiña o seu ritmo endiañado coas rotacións que chegaban dende o banquillo para selar, xa no descanso, un resultado que daba o partido por concluído (24-3).

Na segunda parte o Ifecgás Pereira non baixou a súa concentración e seguiu marcando un ritmo moi alto en defensa e frenético no contragolpe para asinar un marcador certamente avultado. Un partido sen máis historia, pero no que era necesario recobrar as boas sensación e o ritmo competitivo ao que nos ten acostumado este grupo de xuvenís.

O vindeiro domingo, os do Ifecgás viaxarán a Vigo para enfrontarse ao potente equipo do Lavadores, que está igualado a puntos cos de Carballo, situándose cuarto na clasificación, xusto un posto por enriba do Xiria.