SAR PEGUFORM 34 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 26

SAR Peguform 34 (14+20): Sergio, Brais (9), Eloy (6), Gabriel (3), Alfonso (5), Hugo (5), Lucas (2) -equipo inicial- Alejandro (2), Samuel, Bruno (1), Manuel (1), Diego, Daniel, Domínguez.

Ifecgás Pereira Xiria 26 (11+15): Naya, Iván (7), Zas, David (5), Iago (2),Óscar (2), Dani (4) -equipo inicial- Pombo (2), Diego (1), Néstor (1), Brais (2),Antón.

Colexiados: Patricia Comesaña e Pablo Goitia. Tiveron numerosos erros e despistes,pero non influíron no resultado final.

Derota do Ifecgás Pereira Xiria na sétima xornada da División de Honra Xuvenil. O cadro carballés caeu derrotado fronte ao terceiro clasificado o Peguform Sar por 34-27.

O equipo carballés estase a mostrar coma un equipo falto de intensidade, sobre nos encontros que disputa a domicilio, pero dada a calidade deste grupo, xa demostrada con anterioridade, sempre existe a esperanza de conseguir a primeira victoria lonxe da pista carballesa. O Ifecgás Pereira non iniciou, como ven sendo habitual, mal o partido, sobre todo en tarefas atacantes, onde o xogo en equipo e o inicio a través de procedementos tácticos facían moito dano a unha defensa redondelá moi contundente no un contra un pero moi endeble ante o xogo sin balón dos rivais. A igualdade foi a tónica da primeira metade ata os seus minutos finais nos que os locais se despegaron no electrónico con tres goles de diferenza, Os dous equipos perdian moitos balóns e cometían moitos erros, pero parecía que os de Carballo podían sacar os dous puntos a pouco que se centraran ante un equipo previsible, moi estático en ataque e que só utlizaba o un contra un como arma nesta faceta. A pesar de non ser unha boa primeira parte o 14-11 do descanso deixaba as portas abertas para os de Carballo cara a segunda metade.

No reinicio o Ifecgás Pereira Xiria amosunos a súa peor faciana. Os ataques deixaban de ter orde e disciplina táctica e só se baseaban no un contra un, faceta onde os de Redondela si son superiores. Na defensa, a intensidade nunca foi moi alta, pero nesta segunda parte decaiu de forma considerable, non existían contactos nin axudas e cada ataque local convertíase en gol de forma moi sinxela.

O parcial de 20-15 a prol da SAR na segunda parte deixa ben claro a debacle defensiva de un equipo que baixou os brazos ao pouco da reanudación. Ao final, lamentar unha ocasión perdida de sacar os dous puntos fronte un equipo lento e previsible como é o redondelá que basea o seu xogo na corpulencia dos seus xogadores.

O próximo encontro a disputar polo Ifecgas Pereira será un derbi. Os carballeses recibirán o domingo ás 12.00 h no Pavillón da Zona Escolar á EM Camariñas, nun choque crucial para evitar os postos perigosos da clasificación.