GARAYSA XIRIA 23 – SD TEUCRO VEPERSA 24

Garaysa Xiria 26 (11+12): Martín Gómez, Edu, Rubén Gómez (7), Jorge (2), Martín Alfeirán (8), Álex (5), Javi –equipo inicial- Miguel, Calvete, Julián (1), Luís, Rubén Anes, Iván.

SD Teucro Vepersa 24 (12+12): Gonzalo, Rodrigo (1), Jorge (5), Carlos (2), Miguel (7), Santiago (5), Alberto (1), Andrés (2), José (1), Mario, Manuel, Tomás, Adrián, David.

Colexiado: Pablo Goita, discutido nos minutos finais pois con decisións puntuais que puideron favorecer aos visitantes nos minutos cruciais.
Gran partido o que se puido vivir entre o segundo e terceiro clasificados e que se decantou finalmente a prol dos visitantes.
O encontro enfróntaba a dous conxuntos que tan só sufriran unha derrota no que vai de campionato, ambas ante o lider Lalín. O partido estivo, dende o primeiro momento, marcado pola igualdade, onde a máxima diferenza para un ou outro bando nunca foi duperior aos dous goles. A defensa do Garaysa Xiria foi moi boa na primeira metade, non foi tan bo o ataque onde os púpilos de Fran del Valle andiveron algo espesos nas tarefas ofensivas, aínda que hai que ter en conta que tiñan en fronte a un forte rival e ao que está considerado como mellor porteiro da categoría. No minuto 5 de partido producíase a lesión do centra carballés Jorge, o que fixo que durante dez minutos o equipo non lle collese o ritmo ao partido pero nos u´ltimos 15 minutos deste primeiro acto os carballeses volveron meterse no partido chegándo ao intermedio cun gol de renda a prol do Teucro, 11-12.
No reinicio o encontro continuou coa tónica de igualdade ata que sobre o minuto 20 o Garaysa Xiria conseguía, grazas a unha forte defensa, unha renda de dous goles, 22-20, que lles daba moitas esperanzas de facerse coa vitoria. A partir deste punto o encontro mudou de cara motivado por varios factores. Dúas rigorosas exclusións sufridas polos de Carballo, o desacerto nos lanzamentos e dúas perdas de balón propiciaron a remontada dos pontevedreses que conseguían levarse a vitoria por un gol de renda, 23-24.
De todos os xeitos no Pavillón da Zona Escolar puidose ver un magnífico partido entre dous dos mellores conxuntos de Galicia na categoría infantil, e o traballo e actitude dos xogadores foi exemplar.
O próximo rival do garaysa será o equipo ourensán do Bm Pabellón, un dos equipos que se atopa na zona baixa da clasificación.