SD TEUCRO 27 – GARAYSA XIRIA 26

SD Teucro (13+14) 27: Antonio, Eduardo (9), Tomás (1), Mario (4), Yago (1), David (6), Daniel (2) -equipo inicial- Rubén, Iago, Francisco, Miguel (1), Manuel (1), Javier (2), Alberto.

Garaysa Xiria (14+12) 26: Néstor, Iván (4), Zas (5), Alberto (1), Ramón (9), Óscar (1), Diego Puente (2) -equipo inicial – David (1), Andrés, Diego (3) e Daniel.

Árbitros: Srs. León e Comesaña, mal. Non influíron no marcador pero desexaron ser os protagonistas dun encontro de guante branco e no que se complicaron innecesariamente.

Non foi quen de acadar unha vitoria ante o Teucro o Garaysa Xiria que se despide do Campionato Galego sen ser capaz de puntuar. Desta volta caeu por 27 goles a 26, no descanso gañaba por 13 – 14.

O partido foi moi igualado e emocionante, unha vez que os dous equipos deixaron de lado o feito da carencia de importancia do mesmo xa que ningún dos dous podía clasificarse para a seguinte fase. A partir do minuto dez as alternancias no marcador foron constantes e o partido foi adquirindo interese ao mesmo tempo que aumentaba o ritmo do xogo.

Tivo o encontro nas súas mans o Garaysa Xiria xa que faltando dez minutos gañaba por catro goles e atopábase con balón e en situación de superioridade numérica. Mais pagou a falta de competición nos momento claves dos partidos e que este ano non tivo motivado polas carencias da liga territorial norte. As precipitacións sentenciaron o encontro a favor dos pontevedreses que en ningún momento deron as costas ao encontro. Tampouco os xogadores do Xiria deixaron de intentar acadar a vitoria, non so neste partido senón ao longo do torneo.

Non podemos esquecer os problemas que tivo o Garaysa neste torneo debido a ausencia de porteiro e de varios xogadores de campo. Salientar de novo a actuación de Néstor que tamén neste encontro fixo esquecer a ausencia de Naya. A mellor imaxe do equipo carballés de toda a tempada coincidiu co Campionato Galego, non foi suficiente para acadar unha boa clasificación pero si para tentar de marcar un punto de inflexión nos xogadores que participaron destes tres encontros.

Finalmente o Garaysa Xiria tras a disputa desta fase remata na sétima posición do Campionato Galego. Para fase final, que se disputará a vindira fin de semana en Ribadavia, calsifícanse Lalín, Cisne, Cangas e Octavio.