BM NARÓN 31 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 18
Bm Narón: Raquel, Silvia (1), Sofía (4), Iris (7), Alicia (5), Carla (2), Marta (3) -equipo inicial- María, Filgueira (2), Berta, Belén (7) Punta del Este Xiria: Sara, Tamara (6),…
Bm Narón: Raquel, Silvia (1), Sofía (4), Iris (7), Alicia (5), Carla (2), Marta (3) -equipo inicial- María, Filgueira (2), Berta, Belén (7)
Punta del Este Xiria: Sara, Tamara (6), Belén, Aida (11), Carolina, Patricia, Olalla -equipo inicial- Rosanna (1), María Alba, Lorena
Colexiado: O colexiado Alberto Picallo non influiu no resultado final
O Bm Narón derrotou ao do Punta del Este Xiria en partido pertencente á 4ª xornada da copa (Trofeo Delegación Territorial) na categoría cadete feminina. Debut das carballesas na competición dado que as dúa primeiras xornadas foron aprazadas e na terceira tocáballe descansar. É xusto recoñecer a superioridade das xogadoras de Narón nestes intres con respecto as carballesas, cousa que xa demostraran na liga gañando todos os seus partidos.
Pero lonxe deste tema falaremos do noso equipo, o Punta del Este Xiria, que, por momentos, amosou unha gran mellora con respecto aos partidos de liga a pesar da ausencia dun dos seus efectivos por enfermidade. Certamente as xogadoras carballesas teñen calidade e, sobre todo, potencial para mellorar as súas prestacions nos vindeiros anos.
Xa metidos no partido dicir que o equipo local foi superior ao longo dos sesenta minutos e o marcador asi o atestiguaba xa no descanso cun 14-7.
A segunda parte trascorreu polos mesmos derroteiros, aínda que as visitantes non perderon nunca a cara ao partido, sobre todo en tarefas defensivas nas que estiveron atentas e con intensidade. Tamén conseguiron que a diferenza fose máis curta que nos partidos de liga, constatando así a súa mellora.
O marcador final de 31-18 deixa ben claro a superioridade do Bm Narón pero tamén a progresión das xogadoras do Punta del Este Xiria.