XORNADA 6
04/11/2012
Seis do Nadal Coia (13+12): Pablo, Xurxo (5), Julio, Antonio, Alexandre, Ángel (2), Daniel (1), Simón (2), Martín R. (4), Martín G. (2), Carlos (1), Antón (3), Jose D. (4) , Jose M. (1).
Garaysa Xiria: 48 (24+24): Arnejo (1), Fran (2), Vila (4), Tito (6), Tasende (4), Carlos (8), Xurxo (2), Juanca (11), Antonio, Daniel (4), Brais (3), Ronaldo, Antón (3), Souto.
Colexiadas: Silvia Vázquez e Soraya Abelenda
O Garaysa viaxaba de novo a Vigo, esta vez ata o barrio de Coia onde se ía enfrontar ao Seis do Nadal, equipo ascendido este ano á categoría de División de Honra.
O encontro deixounos moita igualdade no compases iniciais. Ao Xiria custoulle un tempo acadar a contundencia necesaria en defensa para frear as acometidas rivais, e, aínda que en ataque non erraba demasiado, non era suficiente para despegarse no marcador. Pero todo cambiou cunha exclusión do rival, o equipo viu a oportunidade de apertar en defensa e pasou a unha defensa individual con moita presión sobre os rivais, o que non tardou en dar os seus froitos. Cun parcial moi amplo a prol do Garaysa os de Carballo romperon o encontro nos minutos finais da primeira metade.
Na segunda metade a intensidade defensiva do Garaysa, lonxe de acomodarse, foi a máis, e a fame de gol, pese a ir gañando por máis de 10 tantos, era cada vez maior. O Sdona, máis dubitativo que nunca, non foi quen de frear o ciclón do Garaysa que fixo da segunda metade un espectáculo de contragolpes ante a frustración dos locais, impotentes fronte ao poderío defensivo dos de Carballo.
Vitoria balsámica que dará folgos e confianza a un Xiria que chegaba ferido trala derrota na casa contra o Cisne na pasada xornada.
O vindeiro Domingo o Garaysa recibe ao Bm. Porriño, será ás 10:30 h no Pavillón Municipal Vila de Noia, agardamos o voso apoio.
