SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA

Os xogadores infantís do Procasa Xiria Álex García e Jorge Bouzas foron convocados para formar parte da Selección Galega Infantil masculina que disputará o Torneo Nacional Infantil de Autonomías que terá lugar na localidade asturiana de Cangas del Narcea entre os días 8 e 13 de xullo. Nesta relación de xogadores estaba tamén inicialmente incluído Rubén Gómez pero por mor de non poder asistir á última sesión de adestramentos foi substituido por un rapaz de outro club que nin sequera estiera previamente na preselección de hai 15 días.