SERVICOM SEIS DO NADAL COIA 17 – VIPECÓN XIRIA 36
Servicom Seis do Nadal Coia: 17 (5+12): Pedro, Andrés (2), Pablo (3), Borja, Miguel, Xoel (5), Adrián (5) -equipo inicial- José, Anxo (1), Jorge (1), Martín, Samuel. Vipecón Xiria: 36…
Servicom Seis do Nadal Coia: 17 (5+12): Pedro, Andrés (2), Pablo (3), Borja, Miguel, Xoel (5), Adrián (5) -equipo inicial- José, Anxo (1), Jorge (1), Martín, Samuel.
Vipecón Xiria: 36 (19+17): Zúpez, Javi (6), Martín (7), Edu (3), Marc (3), Álex (2), Jorge (6) -equipo inicial- Alberto (1), Óscar (2), Jose (3), Julián (2), Anes (2), Miguel.
Colexiados: Andrea Rodríguez e Tania Rodríguez.
O Vipecón Xiria continua a ocupar o posto máis alto da táboa clasificatoria con un punto de vantaxe sobre o Bm. Lalín a falta de cinco xornadas para que remate o campionato de liga na División de Honra Cadete. O encontro disputado, o pasado sábado en terras viguesas fronte ao Seis do Nadal, foi un mero trámite para os bergantiñáns que se impuxeron dunha maneira incontestable.
A primeira metade foi claramente de dominio visitante e, dende o inicio, a defensa do Vipecón impuxose de xeito contundente ao ataque dos vigueses. Os cargalleses mataban o partido ao contaataque e desplegaban sobre a pista de Coia un balonmán rápido, dinámico, espectacular e atractivo. No descanso o encontro xa tiña rematado con ese abultado 5-19 a prol dos visitantes.
A segunda parte non tivo historia, o Xiria rotaba e daba minutos a todos os seus xogadores que, lonxe de baixar os brazos, competían ata o minuto final e aumentaban a diferenza ata eses dezanove goles que sinalaba o electrónico no remate, 17-36. Foi un partido prácido para os do Vipecón que se amosaron moi superiores ao equipo vigués, que se atopa na sétima posición ta clasificación, moi lonxe dos postos de cabeza.
A próxima fin de semana, o equipo carballés aprazpou o seu encontr de liga, posto que viaxará ata León para participar no Torneo San José, evento que organiza o Ademar e que enfrontará aos de Xiria contra outros equipos de diferentes lugares do territorio nacional.