Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 33 – BALONMÁN CANGAS “A” 29

Garaysa Xiria: 33 (17+16): Jorge, Buño, José Eiroa (1), Daniel García (1), Gabriel (1), Iván Campos (11), Raúl (1), Diego (2), Lolo (5), Alejandro, Pereira (2), Borja, Andrés, Iván Calvo,…

Garaysa Xiria: 33 (17+16): Jorge, Buño, José Eiroa (1), Daniel García (1), Gabriel (1), Iván Campos (11), Raúl (1), Diego (2), Lolo (5), Alejandro, Pereira (2), Borja, Andrés, Iván Calvo, Enrique (9).

Bm. Cangas “A”: 29 (12+17): Brais, Andrés, Adrián, Andre (9), Víctor G. (3), Pablo (5), Daniel, Víctor B., Saúl (5), Darío (4), Xoan (3), Alberto.

O Garaysa Xiria afrontaba esta fin de semana unha dobre xornada, crucial para os seus intereses. No primeiro destes partidos recibía ao “mataxigantes”, o Balonmán Cangas que, logo dunha primeira volta bastante irregular, está a atopar o seu lugar na táboa, vencendo a rivais da talla do Teucro ou do Bueu.

O partido comezaba cun Garysa Xiria moi concentrado, consciente da importancia do encontro e co obxectivo de seguir mantendo invicto o fortín do “Vila de Noia”. A boa actitude defensiva non tardou en dar os seus froitos e pronto o Xiria tomaba a súa primeira vantaxe do partido. Pero a férrea defensa do Cangas non afrouxaba e o Garaysa tiña que traballar moito en cada ataque posicional para acadar boas ocasións de lanzamento que non sempre chegaban. Cando a defensa do Garaysa apertaba de verdade e conseguía frear por completo ao ataque cangués, os contragolpes sucedíanse e a vantaxe no marcador medraba. Pero o Cangas amosou a coraxe que o caracteriza e non baixou os brazos en todo o periodo, pese a ir 5 abaixo ao descanso, 17-12.

Tras a reanudación o Garaysa tomoulle a medida ao ataque dos do Morrazo: faltas en ataque, pasivos e lanzamentos precipitados íanse sucedendo favorecidos pola intensidade defensiva dos carballeses. O Cangas non atopaba solucións en ataque e a vantaxe foi sendo maior co paso dos minutos. Cunha vantaxe de ata 9 goles e co partido case rematado o Xiria relaxouse demasiado e o Cangas non o desaproveitou, conseguindo maquillar así o resultado ata deixalo nun 33-29.

9º partido xogado coma local e 9ª vitoria, un auténtico fortín o que montou o Garaysa Xiria arredor do seu pavillón. Noraboa por estes números e polo bo xogo despregado. Mañá o equipo viaxa a Coruña para xogar contra o Ártabro no que será o segundo encontro desta dobre xornada. Moita sorte.