Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Sénior masculino

Sufrida vitoria do Calvo Xiria

Sufriu, e de que maneira, o conxunto carballés para facerse cos puntos ante o Rasoeiro na súa visita ao Grove. So durante dez minutos, os dez primeiros do segundo tempo,…

Sufriu, e de que maneira, o conxunto carballés para facerse cos puntos ante o Rasoeiro na súa visita ao Grove. So durante dez minutos, os dez primeiros do segundo tempo, se puido ver a versión de xogo que esta tempada están a despregar os carballeses, mais non foi suficiente para rachar o partido ante un rival que facía necesaria moita máis regularidade que a amosada no terreo de xogo na tarde do sábado.

Dominou o xogo ao longo de cincuenta minutos o conxunto local, que impuxo a súa forma de xogo, namentres o Calvo Xiria non foi quen de amosar as súas virtudes, nin contraataque nin velocidade no xogo ofensivo nin acerto no lanzamento, mais o afán competitivo mantivo a opción de vitoria para os carballeses, apelando á faceta defensiva coma medio de subsistencia no día de onte. O maior apromo nos minutos finais foi vital para que o Xiria poida seguir a contar por vitorias os partidos disputados na presente tempada.

A vindeira xornada os carballeses xogarán de novo lonxe de Carballo, será en Coia ante o Seis do Nadal, o domingo ás 12:30.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Novo Monte da Vila ante preto de 300 seareiros. Colexiados: Pedro Eiras Abalde e Aaron Sestay Prieto do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Calmear Rasoeiro Bm a Aaron Vidal (15´), Martín Caneda (37´), Francisco Parada (55´, 55´), Bruno Montesinos (58´), namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Brais Puñal (39´), Sergio Facal (57´). 7 metros Calmear Rasoeiro Bm 2//2 Calvo Xiria 1//1. Marcador cada 5 minutos: 3-1, 4-4, 6-5, 7-7, 9-9, 10-10, descanso, 11-13, 12-16, 14-17, 17-18, 19-20, 20-22.

CALMEAR RASOEIRO BM 20 (10+10): Henrique Escalante [p], Ángel Noya [p], Diego Fernández, Francisco Parada (3), Alberto López, Álvaro Iglesias (3), Ignacio Otero, Bruno Montesinos (2), Martín Caneda (2), Sergio Iglesias (7), Borja Silva, Adrián Mouco, Aaron Vidal (1), Adrián Fernández, Alexandre Otero, Iago Rodríguez (2).

CALVO XIRIA 22 (10+12): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Juan Carlos Rodríguez (3), Brais Puñal, Manuel Méndez (1), Sergio Facal (3), Uxío Batán, Martín Alfeirán, Julián López, Carlos Vilanova (3), Jorge Bouzas, Javier Rodríguez (1), Miguel Suárez-Pumariega (2), Alejandro Calvete, Hugo Rodríguez (6), Pablo Iglesias (3).

Próximo partido

Sénior masculino20:3019:30 en CanariasCampeonato estatal de primeira división masculina · Liga regular · Grupo A · Xornada 10
"CIUDAD DE TACORONTE" WSCAN LECOMAR 13 MAYO
CALVO XIRIA

Máis sobre isto