Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Superioridade do Laber Xiria no derbi ante o OAR

Incontestable vitoria dun Laber Xiria que mostrouse moi superior ao OAR no primeiro derbi da tempada e segunda praza da clasificación en solitario para os de Carballo, despois da derrota…

Incontestable vitoria dun Laber Xiria que mostrouse moi superior ao OAR no primeiro derbi da tempada e segunda praza da clasificación en solitario para os de Carballo, despois da derrota no día de onte do BM.Bueu en Lalín.

O encontro tivo moi pouco ritmo e os verdinegros, con pouca intensidade e dinamismo, non foron capaces de dar a súa mellor cara no pavillón herculino. Predominaban os ataques lentos e longos, sobre todo por parte dos locais e as accións individuais por encima do xogo colectivo. Neste contexto, o conxunto bergantiñán dominaba no marcador grazas sobre todo á velocidade no contragolpe, pero mostrábase moi irregular e errático no 40×20 do pavillón San Francisco Javier. O OAR practicamente non opuña resistencia e o partido quedaba visto para sentenza no primeiro acto (4-14).

Parecía que os carballeses saían con animos renovados na segunda parte e nos primeiros minutos podíase observar unha maior predisposición defensiva e unha maior animosidade á hora de subir o contaataque. Deste xeito o Laber Xiria despegábase aínda máis e a diferenza no electrónico tornábase contundente (7-22 minuto 45). Nos últimos minutos voltaban anteriores vicios e a falta de tensión competitiva propiciaba numerosas perdas de balón (até 10 en todo o encontro). Os locais aproveitaban os agasallos do rival e lograban un parcial de 6-6 no últimos quince minutos deste tempo para establecer o definitivo (13-30).

Nas próximas dúas semanas o conxunto carballés actuará como local e deberá de mellorar moito o seu xogo si quere imporse a dous dos mellores conxuntos da liga, o Octavio de Vigo e o Teucro de Pontevedra, actual lider da competición que se sitúa dous puntos por diante dos de Xiria e que do mesmo xeito que estes, aínda non coñece a derrota.

OAR: 13 (4+9). Juan Carlos (p), Aresio (7), Diego (4), Iglésias (2), Sergio, Darío, Capelán**-Equipo Inicial-** Alex, Mario, Nicandro, José, Jaime, Anxo, Adrián.

Laber Xiria : 30 (14+16). Antonio (p), Gabriel Castiñeiras (5), Juanka (4), José Pereira (5), Borja Rodríguez (3), Iván Calvo (5), Kevin Santos (1)-Equipo Inicial- Manuel Souto (p), Fran Rey, Antón Traba (2), Alex Figueroa, Andrés Vila, Diego Morandeira (4), Daniel Esmorís (1).

Parciais cada 5´: 1-4/2-6/3-10/3-11/4-13/4-14**-Descanso-5-16/6-19/7-22/10-25/13-28/13-30-Final.**

Colexiados: Angel Mateos e Pablo Torreiro. Excluiron con dous minutos a Sergio polos locais, namentres que polo Laber Xiria foi excluido José Pereira.

Incidencias: Encontro correspondente á quinta xornada da liga de División de Honra en categoría xuvenil, disputado no pavillón herculino de San Francisco Javier ante un centenar de seareiros de ambos os conxuntos.

Imaxes do partido:

IMG_20151018_111311

IMG_20151018_111133

IMG_20151018_111158

IMG_20151018_111207

IMG_20151018_111216

IMG_20151018_111307_10CS