Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cómodo partido para Calvo Xiria

Sabías que…? Leva o Calvo Xiria oito tempadas consecutivas na 1ª Estatal Masculina, e que xa disputou dous ascensos á División de Honra durante este tempo. Con cinco xogadores de…

Sabías que…? Leva o Calvo Xiria oito tempadas consecutivas na 1ª Estatal Masculina, e que xa disputou dous ascensos á División de Honra durante este tempo.

Con cinco xogadores de baixa afrontaba o choque deste sábado o Calvo Xiria, xa que ás consabidas de Jorge, Ramón e Gonzalo uníase Martín, lesionado no adestramento do venres, e Carlos por mor dun proceso febril. Aínda así a diferenza a día de hoxe entre as dúas plantillas facía que os locais fosen claros favoritos. Mais empeñáronse os carballeses en dar vida ao partido, tanto foi así que durante algúns minutos mandaron os pontevedreses que foron capaces de chegarao minuto 15 tan so dous goles por abaixo no marcador. Foi nese intre cando o Calvo Xiria decidiu que tiña que comezar a traballar para levarse os puntos en xogo sen deixar opcións á sorpresa. Con traballo de anticipación en defensa,o que axudou para que Martín e Naya baixo paus encadeasen accións positivas, e dando moito peso ao contraataque logrou un parcial de 9-2 que deixaba o partido sentenciado ao descanso. Durante os segundos trinta minutos non se permitiu baixar o ritmo para evitar contactos infortunados que puideran derivar en novas lesións. No apartado positivo hai que sinalar os nove goles de Iván e o descanso de xogadores que levaban os tres partidos anteriores completos ás costas. Agarda o conxunto carballés que para o enfrontamento ante o Atl. Novás, no Rosal o vindeiro sábado, poida contar con algún dos xogadores que non puideron disputar os últimos partidos. De seguro será unha boa nova para poder afrontar un moi complicado desprazamento.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia cunha moi boa entrada con 400 seareiros. Colexiados: Alejandro Hoz Fernández e Axel Riloba Pereda do colexio cántabro, sen complicacións. Castigaron con exclusión a Iván Calvo (11´, 33´), Carlos Lema (19´, 19´), Brais Puñal (52´) por parte local, namentres polo Poio Artai foron sancionados Santiago Pérez (7´, 36´), Erik Fernández (21´, 25´, 37´), José Núñez (41´), Pedro Tabuyo (46´).´). 7 metros: Calvo Xiria 6//6 E.D. Poio Artai 3//3. Marcador cada 5 minutos: 2-1, 5-4, 7-5, 9-5, 14-7, 18-7, descanso, 21-8, 23-9, 27-12, 31-12, 32-12, 34-12.

CALVO XIRIA 34 (18+16): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya [p], Carlos A. Lema (1), Javier Rodríguez (3), Brais Puñal (2), Manuel Méndez (3), Pablo Iglesias (8), Sergio Facal (2), Julián López (1), Mario García, Uxío Batán (5), Iván Calvo (9).

E. D. POIO ARTAI 12 (7+5): Daniel Benjumea [p], Erik Fernández (1), Pedro Tabuyo, Antonio Barco (1), Fernando Mosquera (3), Gabriel Cores (1), Matías Maquieira (2), Eric García, Santiago Pérez, Hugo Urtanza (1), José Núñez (2), Iván Marsillas (1).