Táboas do Laber Xiria en O Gatañal
O Laber Xiria xuvenil, desprazábase o pasado sábado a Cangas para iniciar a competición ligueira na Divisón de Honra 2015-16. O encontro contra o Luceros, prevíase intenso e vibrante, xa…

O Laber Xiria xuvenil, desprazábase o pasado sábado a Cangas para iniciar a competición ligueira na Divisón de Honra 2015-16. O encontro contra o Luceros, prevíase intenso e vibrante, xa que a escuadra do morrazo é unha das máis completas da categoría. Non defraudou o envite, que mantivo en albas aos seguidores de ambos os conxuntos até o último instante.
Os de Xiria entraron un pouco máis tarde que os locais no encontro (4-1 minuto 5), pero unha vez axustada o seu defensa puideron despregar toda a velocidade no xogo e isto fixo posible que os algarismos se igualasen no meridiano deste tempo (9-8). Pronto tomou a dianteira no marcador o conxunto bergantiñán, amosando un xogo efectivo e veloz con accións de bela factura no ataque posicional. O 13-14 no descanso, deixaba todo por decidir cara á continuación.
Ao contrario que no inicio do partido, no segundo tempo, os verdinegros saíron moito mellor que o seu rival e tomaron unha diferenza de catro goles no minuto 15 que parecía ía ser definitiva para que os puntos viaxasen a Carballo. Até tres acciones desde o seis metros erradas e o posterior axuste defensivo dos de Cangas, que funcionaban até con dúas mixtas, foron claves para que estes recortaran terreo aos poucos até conseguir empatar o encontro a falta de dez segundos para o remate. Na posterior acción, un xogador do Xiria non foi capaz de recepcionar o pase do seu porteiro para sacar rápido de centro e o tempo voou até o 29:58. Eses dous segundos deron opción a Juanka de tentar un lanzamento moi lonxe que foi atallado polo porteiro local para deixar o electrónico cun empate a 27 goles.
A próxima semana, o Laber Xiria recibirá a un dos favoritos ao título en Carballo, o BM.Lalín.
Luceros: 27 (13+14). Diego, Angel (4), Mauro (2), Erik (8), Adrián (6), Javi (2), Pedro (1)-Equipo Inicial- Abel, Bruno (1), Eloy, Pousa (3), Marcos.
Laber Xiria: 27 (14+13). Antonio Mato, Iván Calvo (8), Borja Rodríguez (1), Carlos Vilanova (3), Gabriel Castiñeiras (6), José Pereira, Juanka (9)-Equipo Inicial- Alex Figueroa, Manuel Souto, Daniel Esmorís, Diego Morandeira. Kevin Santos.
Marcador cada 5´: 4-1/7-5/9-8/9-11/11-13/13-14**-Descanso-16-18/17-19/17-21/21-22/23-24/27-27-Final.**
Colexiados: Abel Juncal e Pablo Álvarez. Excluiron con dous minutos a Bruno e Miguel (2) polos locais e a Carlos, Juanka, Iván e Kevin polos visitantes.
Incidencias: Primeira xornada da liga de División de Honra en categoría xuvenil disputado no Gatañal de Cangas ante un centenar de siareiros, moitos deles desprazados dende Carballo.




