Tres equipos de Escolas Balonmán Xiria arrancan mañá a liga en división de honra

Tres equipos de Escolas Balonmán Xiria arrancan mañá a liga en división de honra

Tres equipos do club comezan mañá as súas ligas con moitas ganas e grandes expectativas para esta tempada.

Os infantís do Garaysa Xiria comezan xogando contra o Rasoeiro de O Grove, o Sábado ás 16:30 no Pavillón Municipal Monte da Vila. Os carballeses confían en mellorar os resultados da pasada tempada cun bloque máis consolidado.

Os cadetes do Grupo Lemaco, e os xuvenís do Laber Xiria xogan en Cangas, no Pavillón do Gatañal, ás 17:00 e as 18:30 respectivamente.

Os cadetes veñen con boas sensacións do Torneo Facho de Hércules e cunhas semanas de bo traballo acumulado. Pese á baixa de Ronaldo, e con Urbieta e José minguados fisicamente, o equipo chega a este primeiro encontro con moitas ganas de comezar con vitoria unha tempada na que agardan mellorar o discreto 7º posto do ano pasado.

Os xuvenís tamén contarán con varias baixas: Diego Morandeira e Tito non poden viaxar co equipo neste primeiro encontro de liga e o grupo viaxa curto de efectivos. Aínda así confían en poder acadar a primeira vitoria.