TECNIFONT BM NARÓN 37 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 35

Tecnifont Balonmán Narón (15+22) 37: Adriano (10), Juan (5), Alberto (1), David C, Jacobo (9), Javier, Justo, Castro, Pablo, José (4), Diego (4), César. Adestrador: Carlos Piñeiro.

Ifecgás Pereira Xiria (20+15) 35: Guillín, Sergio (15), Fernando (9), Alfredo (5), Adrián (4), Aitor (5), Diego (2), Ramón, Barreiro, Rubén, Raul, Hugo, Eloy, Zas. Adestrador: Juan M. Rodríguez.

Colexiados: Manuel Docampo y Julio López. Discutidos na segunda metáde.

Penúltima partido dos carballases na liguilla da Copa de 2ª Autonómica na que o Ifecgás Pereira Xiria se xogaba gran parte das súas posibilidades de rematar na primeira praza do seu grupo.

Foi un partido marcado polas numerosísimas baixas que asolaron os dous planteis, mais se cabe no equipo de Juan M. Rodríguez que só contaba con sete efectivos, dous deles porteiros, polo que o partido íase resolver pola vía física. E dicir o equipo que máis enteiro chegara aos derradeiros minutos íase levar o partido. E finalmente foron os naroneses os que se fixeron cos dous puntos en xogo.

O conxunto carballés xogou as súas bazas nun partido no que so se contaba cun primeira liña nato. Mais o problema non estivo no ataque, máis trabado na segunda parte, senón na defensa e no físico. A defensa, desacertada en todo o partido, non foi quen de superar o ataque do Bm Narón. O único que mantiña ao equipo era o porteiro que con unha excelente primeira parte deu a vitoria no intermedio para os de Carballo, 15-20.

Pero na segunda metade o seu acerto non foi o mesmo, a defensa seguía igual de mal e o cansazo fixo a súa aparición. A final a vitoria foi para un Narón que lle devolvía ao Xiria a remontada que os carballeses lle endosaran na liga no mesmo escenario.

A vindeira semana o Ifecgás Pereira Xiria descansa á espera do último partido da liguilla de copa o día 17 de maio fronte ao Pontedeume na casa. Conseguirase a clasificación para as semifinais?, acudide o pavillón para velo!.