Terceira vitoria consecutiva do Hierros Varela Urbieta Xiria
Sexta xornada da Liga Ouro Cadete Masculina Hierros Varela Urbieta Xiria 42 – Valinox Novás 33 (21-16) En espera de compromisos cos equipos que comandan a clasificación, o Xiria vaille…

Sexta xornada da Liga Ouro Cadete Masculina
Hierros Varela Urbieta Xiria 42 – Valinox Novás 33 (21-16)
En espera de compromisos cos equipos que comandan a clasificación, o Xiria vaille tomando o pulso a categoría, sube a cuarta posición, deste xeito esta semana conseguía vencer ao Valinox Novás nun encontro que dominou ao longo dos 60 minutos.
Visitara xa esta tempada o equipo de O Rosal Carballo, fora na Fase de Clasificación Previa, e desa vez as cousas estiveran máis igualadas, gañaro o Xiria de 2 goles, pero neste partido os carballeses amosáronse moito máis asentados na súa defensa 6:0, souberon xogar e resolver a defensa 3:3 rival, a base de combinacións co pivote e perigo nos extremos.
A vindeira semana descasa a Liga Ouro e so faltá unha xornada no que resta do ano, o Xiria visitará a casa do Cisne pontevedrés.
Hierros Varela Urbieta Xiria 42 (21): Izan Cabeza, Xano Pombo e Dani Marta (porteiros) Andrés Pombo 2, Alvaro Gómez 2, Nico Cancela 6, Saúl Fuentefría 3, Marcos Varela 11, Pablo Fraga 5, Xabi Fernández, Nico Mejuto 1, Lucas Mateo 11, Unai Cotelo 1 e Rubén Nogareda
Valinox Novás 33 (16): Telmo Otero, Diego Rodríguez 2, Antón Fernández 8, Martín Sobrino 2, Antón Domínguez, Yoel Fernández 11, Xoel Fernández 1, Alejandro Pereira, Brais Baz, Lucas Martínez 2, Nicolás Portela 2, Javier Calvo e Jorge Vaquero 4.
Arbitraron: Renzo Díaz e Iván Hernández


