TIRSO DE MOLINA 16 – PROCASA XIRIA 29

Tirso de Molina: Carlos, Cristian, Alejandro ( 1 ), Antón, Rodrigo ( 3 ), Álex, Mario, Javier ( 3 ), Julián ( 6 ), Adrián ( 3 ), Pedro, Gonzalo.

Procasa Xiria: Naya, Iago ( 6 ), Damián, Miguel ( 1 ), David ( 3 ), Mecías, Zas ( 13 ), Antón ( 2 ), Jorge, Brais ( 4 ).

Colexiado: Regular arbitraxe de José Flores.

Conseguíu o cadro carballés dous puntos nunha cancha sempre complicada como é a do Tirso de Molina. A verdade é que nas últimas semanas o equipo carballés, a pesares de non facer un balonmán excelente, está a amosar unha madurez nos seus xogadores que lles leva a afrontar os partidos cunha intensidade e actitude maior a como o facían anteriormente, independentemente do rival que teñan enfronte. Esto é a primeira pedra que hai que poñer cara unha posterior mellora da técnica e da táctica tanto individual como colectiva. Deste xeito o Procasa Xiria xa gañaba ao descanso por un contundente 5-11, que se ampliaba ata o 16-29 final.