ASESORIA SUEIRO XIRIA 38 – E. M. CAMARIÑAS 25

Asesoría Sueiro Xiria: José Luis, Cristophe ( 7 ), Aitor ( 3 ), Gonzalo ( 4 ), Óscar ( 5 ), Joaquín ( 4 ), Javier ( 3 ) – equipo inicial – Manuel ( 5 ), Diego ( 2 ), Eloy ( 1 ), Iván, Anxo ( 4 ).

E. M. Camariñas: Alejandro, Sergio, Héctor ( 2 ), Juan ( 3 ), Adrián ( 2 ), Fabián ( 13 ), Alberto ( 5 ) – equipo inicial – Diango, José, Ernesto.

Colexiado: Os colegiados Srs Rodríguez e Pérez non influiron no marcador final.

O Asesoría Sueiro Xiria venceu o Bm. Camariñas por 38 goles a 25, no descanso o resultado era de 15 a 13 a prol dos carballeses.

Primeira metade para esquecer por parte dos dous equipos que xogaran sen ansías de victoria e que fixo que o xogo fose insulso e aburrido, con alternativas no marcador pero sen se chegar a declinar favorablemente a ningún dos dous conxuntos.

Un troco radical nos quince primeiros minutos do segundo tempo foi o que experimentou o Asesoría Sueiro Xiria asumindo o papel de equipo o que lle ía, e moito, neste envite. Poñendo moita intensidade na sua defensa que propiciaba contraataques cómodos e unha maior velocidade no desprazamento do balón no ataque estático, conxuntado todo cunha boa finalización. Todo isto levou a un parcial de 12 a 2 que rompeu e sentenciou o encontro ante un rival que non opuxo resistencia en todo o segundo tempo.

A vindeira xornada o Asesoría Sueiro enfróntase o Bm Lalín nunha nova final para o cadro carballés, que de conquerir a victoria se aseguraría matemáticamente o segundo posto da liga galega que da acceso a primeira fase do Campionato de España.