TIRSO DE MOLINA 21 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 31
Tirso de Molina: Angel, Julian (4), Adrian (4), Alexis (5), Javier (8), Alex, Enrique -equipo inicial- Alberto, Rodrigo, Carlos, Alvaro, Mario, Alex Alvarez. Ifecgas Pereira Xiria: Naya, Boti, Dani (1),…
Tirso de Molina: Angel, Julian (4), Adrian (4), Alexis (5), Javier (8), Alex, Enrique -equipo inicial- Alberto, Rodrigo, Carlos, Alvaro, Mario, Alex Alvarez.
Ifecgas Pereira Xiria: Naya, Boti, Dani (1), Ivan (5), Diego (3), Alberto (11), Rodrigo (9) -equipo inicial- Andres (1), Borja (1), Nestor, Zas.
Colexiados: O colexiado Jose Flores non influiu no marcador final
Augurabase un partido compricado para o Ifecgas Pereira Xiria na pista do Tirso de Molina,non pola entidade do rival, que non a ten, pero si pola semana de adestramentos dos carballeses: o martes adestrabanse só dous xogadores,o mércores seis e o venres nove. A nigún adestramento asistía o porteiro Naya e, con estas premisas, a preparación do partido non era a idónea. Tampouco a concentración dos xogadores o día do partido (Alex Zas non podía xogar porque olvidabase das dúas equipacións de xogo).
E así foi, un nefasto partido dos de Xiria que na metade da primeira parte só gañaban por un tanto a un dos peores equipos do campionato, e que se retiraba o descanso cun marcador de 12-16.
Na segunda parte seguían os despropositos dos visitantes que nin defendian, nin atacaban, nin por suposto subían o contraataque, xa que o porteiro de Carballo so atallaba dous balóns en todo o partido, o primeiro a cinco minutos do remate e o segundo dous minutos despois.
O resultado final,21-31,e a mellor noticia para un Ifecgas Pereira desastroso.