TIRSO DE MOLINA 10 – PROCASA XIRIA 35

Tirso de Molina: Rafa, Enrique (1),Gonzalo (3), David (1), Jaime (2), Pedro (2), Alex (1) -equipo inicial- Carlos, Jesus, D.Rodriguez, D.Cortizas, Adrian, Rufino, Vieira.

Procasa Xiria: Alex, David (10), Brais (6), Anton (4), Iago (4), Jorge, Miguel (9) -equipoinicial- Ivan, Martín(2), Bisbi, Joaquín, Luis.

Colexiados: O colexiado Jose flores non influiu no resultado final.

Excelente primeira parte, chea de intensidade por parte do Procasa Xiria, que sentenciaba o partido neste tempo (3-19) grazas á súa boa defensa e ós rapidos contraataques.

Desde o primeiro minuto púxose por diante o equipo carballes e non tardou en poñer terra de por medio ata ese 3-19 que xa sinalaba o electronico no descanso. Este contundente resultado nos primeiros vintecinco minutos facia ver ben as claras a diferencia entre un e outro equipo.

A segunda parte transcurriu polos mesmos derroteiros a pesares da defensa 3-3 mais presoante plantexada polo Tirso. O Procasa batía unha e outra vez a meta rival grazas ó xogo no pase e va e ós continuos desmarques sen balón. Así chegabase ó remate do partido, cunha intesidade e concentración aceptable pola parte dos de Carballo, que lles daba os dous puntos en xogo e un marcador contundente de 10-35.