Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

TIRSO DE MOLINA 34 – GARAYSA XIRIA 23

Tirso de Molina (17+17) 34: Diego, Pablo (12), Edgar (5), Manuel (10), Aitor, Aneiros, David –equipo inicial- Marcos (1), Adrián, Alejandro (5), Ángel e Alexis (1) Garaysa Xiria (11+12) 23:…

Tirso de Molina (17+17) 34: Diego, Pablo (12), Edgar (5), Manuel (10), Aitor, Aneiros, David –equipo inicial- Marcos (1), Adrián, Alejandro (5), Ángel e Alexis (1)

Garaysa Xiria (11+12) 23: Naya, Óscar (3), David (3), Iván (2), Néstor (3), Diego (8), Andrés (2) -equipo inicial – Alberto (2), Zas, Dani e Ramón.

Finalizou a Liga Territorial Xuvenil Masculina o Garaysa Xiria cunha derrota en Ferrol ante o Tirso de Molina por 34 – 23. No descanso xa mandaban os departamentais por 17 – 11.

Non tiña importancia de cara á clasificación o encontro disputado este fin de semana o que provocou a relaxación do cadro carballés dende o inicio mentres os xogadores ferrolás puñan unha dose extra de motivación. Ademais houbo un motivo de moito peso para colleitar esta derrota que foi a cantidade de baixas que tivo por diferentes motivos o Garaysa xa que houbo tres xogadores: Ramón, Álex Zas e Dani Barreiro que non puideron disputar un só minuto e Diego Puente que non puido ser da partida por compromisos laborais. Con este panorama era difícil que o Garaysa despregase un xogo rápido baseado na defensa e contraataque como viña facendo nas derradeiras xornadas e co que acadou a praza que da acceso á seguinte fase.

Agora queda agardar que de cara ao Campionato Galego os xogadores carballeses estean todos en disposición de disputar os encontros en plenitude de condicións.

O cunxunto carballés queda encadrado, na primeira fase deste campionato galego, que se desenvolverá entre os días 28 e 30 de marzo nunha sede por determinar, no Grupo 2 xunto con Cisne, Teucro e Lalín. O sistema de competición será por liguilla a partido único. Os dous primeiros de cada un dos dous grupos xogarán a fase final a fin de semana seguinte.