RASOEIRO BM 33 – CALVO XIRIA 35
06/11/2006 RASOEIRO BM 33 – CALVO XIRIA 35 Rasoeiro Bm: Diego, Juan Barral (8), Jacobo (8), Bruno (6), Borja (5), David e Alex (2) – equipo inicial – Daniel, Abel,…
06/11/2006 RASOEIRO BM 33 – CALVO XIRIA 35
Rasoeiro Bm: Diego, Juan Barral (8), Jacobo (8), Bruno (6), Borja (5), David e Alex (2) – equipo inicial – Daniel, Abel, Carlos (1), Omar (1) e Carlos Domínguez (2).
Calvo Xiria: Quique, Hernán (3), Pablo (3), Cristophe (2), Aitor (1), Alberto (14) e Javi Zas (3)– equipo inicial – Iván, Pombo, Joaquín (3), Fernando Vázquez (5), Cuco (1), Queco e Manuel.
Árbitros: Jordi Perea e Iago García.
O Calvo Xiria sumou unha nova vitoria fronte ao Rasoeiro en O Grove, en encontro pertencente á 7ª xornada de liga en Segunda Nacional. O resultado ao descanso era de 14-20.
O Calvo Xiria saíu moi metido no partido e, como ven sendo habitual nos seus últimos encontros, realizou unha boa primeira parte. A defensa 5-1, con Pablo de home adiantado, volvía a dar os seus froitos e permitía as rápidas transicións do equipo carballés, que pronto comezou a abrir unha pequena brecha no marcador. O acerto de Alberto Salgado en ataque (autor de 14 goles ao longo de todo o partido) era suficiente para controlar a diferencia e chegar ao descanso cunha ampla ventaxa de seis goles. Os vinte goles que logrou marcar o Calvo Xiria no primeiro acto deixaban ben ás claras o ritmo e velocidade que imprimiu o equipo de Marcos Rodríguez dende o minuto un de partido.
A segunda parte comezou de forma similar para o Calvo Xiria e pronto conseguiu ampliar as diferenzas no luminoso ata chegar aos dez goles de vantaxa, 16-26, nos primeiros dez minutos. Pero como xa sucedera no seu último partido como visitante, en Cangas, os carballeses fóronse do partido e permitiron ao Rasoeiro reducir distancias no marcador. A relaxaxión e as imprecisións, tanto en ataque como en defensa, permitiron aos localis crer na remontada e comezar a baixar a diferenza de goles ata os dous que indicaba o marcador ao final do partido. Pese ao baixón no xogo visitante, o Calvo Xiria soubo manter a calma nos últimos minutos e a victoria nunca perigou, xa que o Rasoeiro non conseguiu meter toda a presión que desexaría ao non chegar a baixar desa renda de dous tantos.
A boa noticia para o Calvo Xiria, ademais da espectacular actuación de Alberto Salgado, foi a convocatoria de Fernando Vázquez, que confirmou cos seus 5 tantos que as molestias que lle fixeron retirarse do encontro coa SAR en Carballo non foron a máis. O Calvo Xiria recupera, momentaneamente, a cuarta posición, a seis puntos do líder Seis do Nadal.
O vindeiro compromiso do Calvo será fronte ao BM Oleiros, o sábado, no Pavillón Vila de Noia (Zona Escolar) de Carballo.