Tres vitorias en tres partidos para os nosos equipos alevíns
Tres dos nosos equipos alevíns disputaban este Sábado en Camariñas unha intensa xornada da que traerían tres vitorias. O primeiro turno foi para as alevíns do Marmolería Jose Rey Xiria,…

Tres dos nosos equipos alevíns disputaban este Sábado en Camariñas unha intensa xornada da que traerían tres vitorias.
O primeiro turno foi para as alevíns do Marmolería Jose Rey Xiria, que conseguían vencer nos tres primeiros tempos ao Alca de Santiago, o úlitmo tempo, moi igualado, caeu do lado dos santiagueses.
A.D. Alca «A» 2 – Marmolería José Rey Xiria 6
1º(3-11), 2º(3-12), 3º(1-18), 4º(8-7)
No Marmolería José Rey Xiria xogaron: Alba (15), Antía (1), Marta (6), Catalina (2), Elena (7), Paula (11), e Lara (6)
No partido dos chicos contra o Camariñas o Telepizza Carballo sufriu para gañar ante a corpulencia e a dureza dos locais, pero a garra e a loita dos nosos deu os seus froitos.
Xiria Telepizza Carballo 5 – Bm. Camariñas 3
1º(6-11), 2º(12-7), 3º(8-8), 4º(17-0)
No Xiria Telepizza Carballo xogaron: Óscar (3), Asel (6), Andrés (1), Mateo (8), Samuel V.(3), Julián (12), Pedro (1), Borja (4) e Ángel (5)
No último encontro da xornada se enfrontaban o Punta del Este Xiria co Zas, equipo recién formado que está a dar os seus primeiros pasos. As chicas do Punta del Este leváronse os catro tempos con comodidade.
Punta del Este Xiria 8 – Zas 0
1º(16-2), 2º(9-5), 3º(13-4), 4º(13-4)
No Punta del Este Xiria xogaron: Anna (9), Nina (7), Nerea (11), María (5), Estefanía (1), Natalia (7), Valeria (6) e Helena (5).