O Calvo Xiria ten o obxectivo de levarse os puntos en xogo
Volver á senda da vitoria e do xogo efectivo estará na mente do partido que disputará o Calvo Xiria este sábado ás 18:00 no Vila de Noia, o rival será…

Volver á senda da vitoria e do xogo efectivo estará na mente do partido que disputará o Calvo Xiria este sábado ás 18:00 no Vila de Noia, o rival será o Vitaldent Bm. Pontevedra. Amosar a verdadeira capacidade de xogo debe de ser o obxectivo dos carballeses para esquecer a derrota do pasado fin de semana en Chapela. O que non muda é a imposibilidade de contar con todos os xogadores, xa que Jorge e Ramón non poderán participar neste encontro.
E xusto despois, ás 20:00, O Goldie Xiria, disputará o encontro aprazado no seu día diante do Balonmán Caselas, conxunto que ocupa a segunda posición e que tan so cedeu unha derrota diante do Porriño. O bo momento do equipo carballés deberá continuar unha semana máis para poder poñerlle as cousas difíciles as de Salceda de Caselas, conxunto de moita experiencia na categoría e ao que o Goldie Xiria gañou na súa derradeira visita a Carballo. Para o encontro seguirá de baixa Patricia, a que se sumará Tamara por motivos laborais.
