Último encontro: Italia

A derradeira instancia celebrouse fai uns días a cargo da Associazione Cultural Enzimistudio de Turín e a Comune di Alba. O programa que deseñaron contaba con cinco días de traballo, dos cales tres se celebrarían en Alba e os outros dous en Turín. En Alba mostraron o traballo de integración a través do deporte que fan asociacións como: Gioco anche io ASD, ou a empresa Ferrero. Tamén amosaron as instalacións deportivas coas que contan e as autoridades locais saudaron ao grupo Grundtvig. A reflexión que propiciaron estas visitas derivou nun faladoiro acerca da política deportiva.

En Turín, a parte de coñecer a marabillosa cidade, visitouse o Centro Sportivo Italiano que fai unha gran labor de integración na cidade de Turín a través de diferentes programas; o proxecto do profesor Massagli de deporte para presos; e tamén presentaron a iniciativa “Turín 2015 Capital Europea do Deporte”.

Neste ocasión viaxaron catro representantes do Xiria, expertas tanto en deporte como en materia de integración social. Olalla García e Catalina Gili Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do deporte, Patricia García Licenciada en Filoloxía Inglesa e Cristina Muñiz Educadora Social. Entre elas, dúas xogadoras do Equipo Feminino de Balonmán Xiria.