Un bo Garaysa Xiria derrota ao S.A.R.

Un bo Garaysa Xiria derrota ao S.A.R.

O Garaysa Xiria empezaba moi enchufado o partido e cunha excelente defensa e rápidos contrataques conseguía unha diferenza de 5 goles nos primeiros 5 minutos. O adestrador visitante pedía un tempo morto para organizar aos seus pupilos, pero nada ía cambiar, os rapaces do Garaysa non baixaron o ritmo de xogo e dominaron o partido en todo momento.

Na seguinte xornada o Garaysa Xiria visita a pista do O.A.R. Coruña para xogar o derbi provincial.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante 100 seareiros. Colexiado: Jose María García Cortizo do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusión a Daniel Mallo (8´), Fernando Mallo (27´) e Iker Martínez (13´), por parte local, namentres polo S.A.R. foi sancionado A. Couñago (4´). / 7 metros: Garaysa Xiria 3/3 // S.A.R. Dacuña y Pérez 4/6.

Marcador cada 5 minutos: 7-2, 12-3, 18-5, 21-5, 26-6, descanso, 32-8, 36-11, 41-14, 46-16, 52-16.

GARAYSA XIRIA 52 (26 + 26 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (4), Daniel Mallo (4), Alejandro Gómez (14), Mario Cancela (8), Juan Pereira (7), Diego Antelo (1), Iago Rincón, Adrián Mesejo (4), Iker Martínez (4), Franco Rial (4), Fernando Mallo (2).

S.A.R. DACUÑA Y PÉREZ 16 ( 6 + 10 ): J. Troncoso, S. Murillo (6), A. Couñago (1), J. Rivas, M. González (1), I. Miguez. S. Solla (3), A. Alonso, Jorge Docampo, M. Gallego (2), M. Alfaya, A. Martínez (2), M. Pérez (1), M. Rodríguez, C. Martínez.