Contundente vitoria do Laber Xiria ante a SAR de Redondela

O Laber Xiria cumpríu no seu papel de favorito fronte á SAR de Redondela e logrou os dous puntos en xogo cun contundente resultado ante os «choqueiros».

Non foi un bo encontro o disputado hoxe no Vila de Noia polos equipos xuvenís de Xiria e SAR, deslucido pola falta de ritmo e pola superioridade dos de Carballo. Só os fallos e as concesións defensivas destes últimos posibilitaban que os visitantes se mantivesen no encontro (8-4 minuto 10). A pesar de facer o peores trinta minutos do que vai de campionato, os verdinegros xa se impuñan ao seu rival por un cómodo 16-10 no descanso. Agora só quedaba despregar un mellor xogo e aumentar a concentración e o dinamismo do mesmo.

Comezaba a segunda parte, os bergantiñáns aumentaban o ritmo e o seu rival sentía fatígaa segundo pasaban os minutos. Os fallos no lanzamento dos redondelanos sucedíanse e a velocidade dos locais no contragolpe facía estragos (25-15 minuto 45). O partido estaba visto para sentenza e os xogadores da SAR asistían a un festival de goles que ía aumentando segundo pasaban os minutos. Ao final, o electrónico reflectía un avultado 37-19 que deixaba a vitoria en Carballo, dous puntos importantísimos que sitúan ao Laber Xiria nos postos de privilexio da clasificación.

O próximo fin de semana primeiro derbi desta tempada, no que o Laber Xiria enfrontarase ao OAR na Coruña coa moral ao grande e o obxectivo de seguir sumando de dous en dous para non apearse dos postos de privilexio.

Laber Xiria: 37 (16+21). Antonio Mato, Carlos Vilanova (9), Gabriel Castiñeiras (6), Juanka (7), José Pereira (6), Tito (1),Iván Calvo (2)-Equipo Inicial-Manuel Souto, Francisco ReyAntón Traba (2), Alex Figueroa, Andrés Vila, Borja Rodríguez (3), Kevin Santos (1),Diego Morandeira, Daniel Esmorís.

SAR Dacuña Pérez: 19 (10+9). Santamarta, Rafa (2), Lago (5), Bouzón (2), Soutullo (3), Martínez (4), Vidal (1)-Equipo Inicial-Táboas, Amoedo (1), Sanromán, Lores (1), Piedras, Baati.

Parciais cada 5´: 4-1/8-4/10-5/14-7/15-8/16-10-Descanso-18-13/23-14/25-15/28-17/33-18/37-20-Final.

Colexiados: Christian García e José María García. Excluiron con dous minutos a José Pereira (2) e Alex Figueroa polos locais.

Incidencias: Encontro da cuarta xornada na liga de División de Honra xuvenil disputado no Vila de Noia ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.

Fotos do encontro:

xiria sar 049

xiria sar 045

xiria sar 044

xiria sar 038

xiria sar 037

xiria sar 034

xiria sar 025

Clasificación:

Laber Xiria-SAR CLASIFICACIÓN