Un gran Calvo Xiria lévase os dous puntos de Chapela

Traballada vitoria do Calvo Xiria na súa visita ao Rodosa Bm. Chapela, un dos equipos chamados a ocupar o máis alto da táboa clasificatoria. Dende o minuto sete que logrou tomar o mando logo dun gol de Sergio Facal, xa non deixou de levar a iniciativa no marcador o conxunto carballés.

Dúas partes ben diferenciadas, cunha clara cor para os ataques no primeiro tempo, e das defensas e porteiros no segundo, mais marcadas ambas polo alto ritmo de xogo que impuxo o Calvo Xiria. Adaptouse perfectamente ás necesidades dun e outro período, cun xogo colectivo que fixo inútil os esforzos dos locais por darlle a volta a un partido, no que de ter que por unha nota negativa, pode ser aos lanzamentos errados en certos momentos que permitiron que o Chapela puidese pensar en tirar algo positivo. O ataque carballés estivo marcado pola fluidez no movemento do balón e pola achega de goles dende todos os postos, o que foi un quebracabezas para os locais que non foron capaces de impor a súa maior fortaleza física. En tanto a defensa verdinegra rompeu unha e outra vez o movemento de balón do seu rival, en base a anticipación e axudas constantes.

O Calvo Xiria disputa este mércores a cuarta xornada de liga no Pavillón Vila de Noia ante o Bueu At., nun partido no que de novo o apoio dos seus seareiros será fundamental para acadar un resultado positivo.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Chapela ante preto de 300 seareiros, ente os que destacou un numeroso grupo de carballeses. Colexiados: Oriol Álvarez Boixaderas e Raul Escoda Pérez do colexio catalán. Castigaron con exclusión polo Rodosa Bm Chapela a Pablo Estévez (15´, 33´, 55´), Pablo Casal (27´, 59´),   namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Julián López (45´), Martín Alfeirán (59´). 7 metros Rodosa Bm Chapela 2//3   Calvo Xiria 2//3. Marcador cada 5 minutos: 3-2, 5-7, 7-8, 9-13, 11-15, 14-16, descanso, 16-18, 17-21, 19-23, 19-25, 21-26, 23-29.

RODOSA BM CHAPELA 23 (14 + 9): Anxo Táboas [p], Juan Novás [p], José M. Cid (7), Enrique Fernández, Pablo Galiano (3), Sergey Tsybanev (2), Estanislao Erselle (2), Rubén Gómez (6), Alexander Tsybanev, Adrián Freiria, Pablo Casal (1), Pablo Estévez (2), Pablo González, Cristian Deiro, Pablo Martínez.

CALVO XIRIA 29 (16+13): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal (1), Manuel Méndez (3), Sergio Facal (6), Uxío Batán, Martín Alfeirán (3), Julián López, Andrés Vila (1), Gabriel Castiñeiras, Jorge Bouzas (2), Pablo Iglesias (6), Javier Rodríguez (3), Miguel Suárez-Pumariega, Hugo Rodríguez (3).