Un punto para o Calvo Xiria nun partido perdido a sete segundos do final

Trouxo un punto o Calvo Xiria do seu viaxe a Cangas para xogar no Gatañal ante o Luceros, que contou cos xogadores que compiten na liga Asobal e teña ficha nos dous equipos. Moita emoción nun partido que nin uns nin outros puideron controlar.
Comezou o encontro cun intercambio de goles que non deixaba ver un claro favorito para levarse o partido, moitísima igualdade en todos os aspectos, defensa, ataque e portería. Ningún dos equipos puido correr ao longo dos sesenta minutos, con balances defensivos moi atentos a parar calquera intento de contragolpe. Non houbo tanta igualdade nos sete metros sinalados, entre dous equipos que coma principal arma teñen a mobilidade de balón e xogadores para finalizar preto da liña de seis metros, pois o conxunto local dispuxo de dez lanzamentos mentres os carballeses viron coma so se lle sinalaban dous.
Tivo momentos moi complicados o conxunto verdibranco que chegou dous goles abaixo ao tempo de lecer, e que no reinicio do encontro viu como se quedaba dúas veces consecutivas con dous xogadores menos. A partir de ese intre a intensidade defensiva do Xiria incrementouse e foi gañando a partida ao ataque cangués, que non era quen de desarmar o sistema defensivo que tiña enfronte. Os cinco últimos minutos foron un carrusel de ocasións para sentenciar o partido por parte de ámbolos dous conxuntos, pero a falta de sete segundos, cun gol de Martín Alfeirán, o Calvo Xiria acadou o definitivo empate.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón do Gatañal ante 250 seareiros.. Marcador cada cinco minutos: 2-2, 5-5, 7-8, 8-10, 12-13, 17-15, descanso, 20-19, 23-23, 25-25, 26-27, 28-29, 32-32.
Colexiados: Juan José Bajo Morales e Alberto Jesús Benegas García do colexio extremeño.
Exclusións: Luceros: Daniel 38´e 53´. Calvo Xiria: Sergio 9´, Ramón: 25´, 32´, 52´, Brais 34´ e Alberto 35´.
Sete metros: Lucero: 9 / 10 Calvo Xiria 2/2
LUCEROS 32 (17+15): Eduardo Salazar [p], Adrián Menduiña (10), David Barreiro (2), Joel Fontenla (6), Miguel Trigo (5), Ángel Iglesias (6), Pablo Castro (3), Anxo Dopazo [p], Daniel Gómez, Abel Abal, Juan Soaje, Javier Rial, André Fandiño, Daniel Sierra, Alberto Martínez, José Camiña.
CALVO XIRIA 32 (15+17): Martín Gómez [p], Sergio Facal (1), Brais Puñal, Martín Alfeirán (8), Javier Rodríguez (3), Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (5), Gonzalo Pombo (6), Rubén Anes, Iván Campos (1), Ramón Suárez-Pumariega (2), Carlos A. Lema (4).