Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cadete masculino

Un superior Grupo Lemaco vence ao Teucro

Grupo Lemaco Xiria 43 – SD Teucro 30 (24-14) Partido completo do Grupo Lemaco ante un rival que foi a menos no transcurso dos minutos e que xa cedía na…

Grupo Lemaco Xiria 43 – SD Teucro 30 (24-14)

Partido completo do Grupo Lemaco ante un rival que foi a menos no transcurso dos minutos e que xa cedía na primeira metade por dez goles.

Unha defensa, máis adiantada que outras veces, do Xiria, non tardou en facer efecto desgastando ao seu rival, que tiña que redobrar esforzos para poder superar en cada acción aos carballeses, a velocidade de saída a contra dos locais foi determinante para escaparse nos derradeiros minutos da primeira metade no marcador. O Teucro non era capaz de frear as combinacións en ataque do Xiria que marcaba case que en cada acción.

Na segunda metade o Xiria rebaixou o ritmo pero sen dar opción de remontada aos pontevedreses, seguiu amosando xogo con boas combinacións e rápidas transicións de defensa ataque. Partido cómodo para que o Grupo Lemaco sega a coller confianza no seu potencial e creza como equipo para vindeiros compromisos.

Grupo Lemaco Xiria 43 (24): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez , Adrián Mesejo 2, Mario Cancela 8, Dani Mallo 6, Franco Rial 1, Juan Pereira 2, Mario Rincón 6, Diego Antelo 2, Carlos Varela 1, Aaron Rodríguez 2, Brais Vila 1, Iago Rincón 7, Fernando Mallo 2 e Diego Rodríguez 3.

S.D. Teucro 30 (14): David Rodríguez e Lois García (porteiro) , Diego Fariña 3, david Chan 7, Juan Piñeiro 9, Uxio Vjeikz 2, Juan Castro 3, Mario Pérez 1, Esteban Carballido 3, Sergio Castro, Sergio Blanco 1 e Alvaro Castro 1.

Marcador cada 5 min: 6-3/ 7-6 / 11-9/ 12-12/ 17-13/ 24-14/ 26-15/ 28-17/ 32-19/ 35-24/ 40-27/ 43-30

Arbitraron: Gabriel Folgoso e Henrique Folgoso, sen complicacións

Próximo partido

Cadete masculino13:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 7
BM LINEA21 AUTO ESCOLA COPACO
MONTAXES CARBALLO XIRIA VERDE

Máis sobre isto