UNIV. LEON ADEMAR 27 – CALVO XIRIA 29

O Calvo Xiria impúxose 27-29 nun encontro que dominou desde o inicio amosando moita seriedade e traballo colectivo.

Ás seis da madrugada comezaba a xornada para o novo adestrador Jordi Escudero e os seus compañeiros que poñían rumbo a León para enfrontarse a un duro rival a domicilio.

A formación inicial non deparou sorpresas e de inicio saían Javi Zas e Pablo Casal que xornada a xornada van collendo a confianza necesaria para sacar, coma no día de hoxe, toda a calidade que levan dentro. Os carballeses moi motivados varrían da cancha ós locais nos primeiros instantes obrigando a Carlos Pollán a solicitar tempo morto no minuto 2:46 cando perdían 0-3. Para os de Escudero as cousas marchaban ben en ataque pero a zaga comezou a afrouxar diante dun conxunto difícil de defender e que adoitar marcar moitos goles, esto unido á perda de concentración nos instantes finais, fixo que o marcador sinalase 14-13 ó descanso.

No recomezo os de Carballo sacaron desde o principio a calidade e orgullo que os caracteriza rachando o partido nos primeiros compases cun Fernando Vázquez pletórico en tódalas facetas do xogo. De nada servían as continuadas protestas dos locais que pretendían amañar coa presión sobre as colexiadas o que non conseguían deportivamente. O intercambio de goles favorecía ós visitantes que só no último minuto pasaron certos apuros que resolveron con oficio sen caer na precipitación.

Moi bo traballo de todo o cadro que mereceu, se cabe, unha maior diferencia no resultado final.

Aliñacións
Polo Calvo Xiria:Xurxo, Marcos ( 4 ), Fernando ( 7 ), Javi Zas ( 3 ), Jordi ( 8 ), Ofi ( 3 ) e Suso ( 1 ) – equipo inicial – Víctor, Mario ( 2 ), Pablo ( ), Alberto ( ) e Tom ( 1 ).

Polo Universidad de León ADEMAR:Raúl, Rubio ( ), Somoano ( 2 ), Silvano ( 3 ), Óscar ( 11 ), Alonso ( 1 ) e Callejo ( ) – equipo inicial – Álvaro, Víctor ( 5 ), Santos ( ), Chamorro ( 3 ), Pablo ( 2 ) e De Celis ( ).

Marcador cada 5 minutos: 1-3 / 3-5 / 6-8 / 9-10 / 10-12 / 14-13 / 16-15 / 18-20 / 21-23 / 23-25 / 24-27 / 27-29

ACTA Nº: 2.002-2.003.04.02.12.07

Temporada 2.002-2.003
Fase 04 PRIMERA ESTATAL MASCULINA
Grupo 02 GRUPO «A»
Jornada 12 – JORNADA 12
Partido 07 – PARTIDO 07
Fecha 15-12-2002
Hora 12:00
Resultado 27 – 29
Arbitros 9905 SUSANA REOYO ZAMORA
2037 KEIKO CLARA TAKEUCHI TORRES