Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

VIPECÓN XIRIA 10 – SD TEUCRO 45

COPA FEDERACIÓN SEMIFINAL Vipecón Xiria: 10 (4+6): Jorge Brandón, Zúpez., Calvete (2), Mario (1), Miguel, Edu, Óscar (1), Alberto (2), Rubén Anes (2), Julián (2), Marc, Jorge Bouzas, Álex, Rubén Gómez.…

COPA FEDERACIÓN SEMIFINAL

Vipecón Xiria: 10 (4+6): Jorge Brandón, Zúpez., Calvete (2), Mario (1), Miguel, Edu, Óscar (1), Alberto (2), Rubén Anes (2), Julián (2), Marc, Jorge Bouzas, Álex, Rubén Gómez.

SD Teucro: 45 (19+26): Rodrigo (3), Marcos (4), José (4), Carlos (3), Miguel (6), Manuel (1), Santiago (9), Tomás (1), Iván (7), Carmelo, Jacobo (1), José A. (2), Rubén (4).

Colexiado: César Carballo.

Semifinal da Copa Federación disputada en Carballo ante un Teucro moi motivado e con ansias de vinganza trala derrota sufrida contra o Xiria en Pontevedra o mes pasado na Liga regular.

Os de Carballo, campións galegos da categoría e xa coa mente no Sector do Campionato de España, chegaban con moitas baixas debido a que a meirande parte dos xogadores de segundo ano estiveron de viaxe de estudios a semana pasada e por iso non foron convocados. O equipo comezou bastante atascado en ataque e os lanzamentos precipitados favorecían os claros contragolpes teucristas. Así correu a primeira metade: cun Xiria que suaba para acadar cada gol e cun Teucro, en todo o seu esplendor, que perforaba as redes do Xiria con demasiada facilidade.

Pese ao visto na primeira metade e cun marcador moi decantado a prol do Teucro, o Vipecon non deixou de pelexar cada balón, as contras do Teucro xa non foron tan claras na segunda metade, froito dunha mellor selección de lanzamento do Xiria cunha construción máis elaborada en ataque.

Pese a todo o esforzo, o Xiria non puido maquillar o marcador e rematou o encontro cunha avultada derrota, pero coas sensacións de haber pelexado cada balón coma se fora o primeiro. A final disputarana o Lavadores e o Teucro na pista deste último.

Pequeno tropezo do Vipecon que de seguro saca algo positivo desta derrota. Agora toca seguir adestrando cara a preparación da 2ª Fase do Campionato de España, no que o Vipecón quedou encadrado no Sector A, con sede en León. Os vindeiros días 6, 7 e 8 de maio os carballeses deberán loitar, nun durísimo grupo, cos anfitrións do Reale Ademar, campión de Castela e León, Bm Camargo, campión de Cantabria, e Grupo Astur, campión de Asturias, para estar entre os 8 mellores equipos de España da categoría.