Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 31 – BM NAVA CAJA SEGOVIA 34

FASE DE ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA PRATA – XORNADA 2 30/04/2011 CALVO XIRIA 31 – BM NAVA CAJA SEGOVIA 34 Calvo Xiria 31 (15+16): Iago [p], Ramón, Christope, Cuco…

FASE DE ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA PRATA – XORNADA 2

30/04/2011 CALVO XIRIA 31 – BM NAVA CAJA SEGOVIA 34
Calvo Xiria 31 (15+16): Iago [p], Ramón, Christope, Cuco (1), Borja (1), Ángel (3), Pablo (7), Dubra (6), Álex García (4), David, Jesús (3), Manu (4), Álex Zas (2), Kike [p]. Non xogaron Naya [p] e Fer.

Bm Nava Caja Segovia 34 (15+19): De Diego [p], Verdugo (1), Domínguez (1), Campillo (4), Bruno (8), Ajo (2), Carlos (4), Serrador, Alberto (5), Ismael (1), Jorge, Roberto (8), Ángel [p].

Colexiados: Fernández Martinéz e García Jiménez da Federación Territorial da Comunidade Valenciana. Sancionaron con 3 exclusións ao Nava e con 5 exclusións e 1 tarxeta vermella directa ao Xiria.

Marcador: 5 – 2, 6 – 4, 9 – 8, 10 – 11, 13 – 13, 15 – 15 (descanso); 20 – 17, 24 – 22, 27 – 25, 29 – 30, 31 – 34 (final).

Segunda xornada e partido que era vital para ambos conxuntos, os carballeses viñan de caer na primeira xornada ante o Punete Genil, o gran favorito para levarse a fase, mentres que os de Nava acadaran un punto logo de remontar un marcador moi adverso nos derradeiros 10 minutos do seu encontro fronte ao Sarriá.

Os rapaces de Marcos Rodríguez saíron á pista conscientes do que se xogaban e nos primeiros compases volveron a amosar o seu xogo habitual cunha boa defensa e rápidas transicións facíanse co mando do encontro que mantiveron durante case toda a primeira metade. Nos últimos compases os segovianos conseguáin achegarse para rematar este primeiro acto en táboas, 15-15.

Na reanudación máis do mesmo, os de Carballo volvían irse no marcador, xogando moi ben, e manexaban vantaxes de entre 2 e 4 tantos, a pesar das discutidas decisións arbitrais. Foi rondando o minuto 50 cando os colexiados se inventaban unha tarxeta vermella a Álex García, que estaba a realizar un gran partido, que acabou por descentrar aos do Calvo. Nestes derradeiros minutos o Nava collía o mando do encontro, apoiado na polémica labor arbitral, e un Xiria descentrado cometía varios erros e imprecisións que, unidos ao distintio raseiro cos que se medía ás defensas, facía que osanfitrións se fixeran finalmente cos dous puntos.

Mención especial para a afección carballesa que en un número superior ao centenar non cesaron de animar ao Calvo durante todo o encontro.

No outro partido da xornada o Puente Genil desfacíase con claridade do Sarriá por 33-26 certificando o seu pase á fase final.