VIPECÓN XIRIA 22 – MARNOVA SEIS DO NADAL COIA 36

Vipecón Xiria 22 (10+12): Bisbi, Martín (4), Miguel (2), Brais (7), Iago (1), Ricardo (1), Antón (4) -equipo inicial – Iván Eiroa, David (3), LuÍs.

Marnova Seis do Nadal Coia 36 (18+18): Carlos, David (6), Diego (7), Manuel (4), Guillermo (7), Víctor (5), Alberto -equipoinicial- Eduardo, Pedro, Óscar (1), Rodrigo (1), Aarón (3), Adrián (2), Anxo.

Colexiadas: Angélica e Patricia Comesaña. Non influíron no resultado final.

Disputaba o Vipecón Xiria un dos partidos máis complicados cos que se pode atopar na División de Honra cadete. O equipo carballés recibía a visita na 13ª xornada do terceiro clasificado o Marnova Seis do Nadal Coia, un dos aspirantes ao título xunto con Octavio, OAR e Teucro.

O partido comezou cun equipo carballés descoñecido no seu sete inicial, xa que a maior parte da plantilla non adestrou durante a semana por mor dunha excursión á neve co instituto. A maior antropometría dos visitantes notábase de forma notable e tamén a maior experiencia ddos vigueses, a sabendas que un ano de máis nestas categorías e case definitivo. A pesar diso e agás un comezo frio, o Vipecón Xiria mostraba a loita e intensidade que caracteriza ao equipo carballés e amosaban momentos de bo xogo tanto en defensa como no ataque. O marcador, que reflectía un 10-18 para os visitantes no descanso, deixaba claro que os locais tiñan que traballar pola súa mellora sen fixarse na distancia da idade entre un e outro equipo.

A segunda metade foi pola mesma tónica, os de Coia basando o seu xogo no abusivo da súa talla, eso si sen estar faltos de calidade, que a teñen e moita, e os bergantiñáns gozando de minutos de xogo no caso dos xogadores menos habituais e rendindo de forma moi aceptable, poñendo concentración, loita e intensidade unido a momentos de calidade e bo xogo que non deixaron indiferentes a ninguén nas bancadas.

A vindeira xornada o Vipecón Xiria terá outro complicado encontro na cancha de outro dos favoritos ao título, a SD Teucro.