VIPECÓN XIRIA 29 – CAIXANOVA OCTAVIO 35

Vipecón Xiria 29 (13+16): Bisbi, David (6), Miguel (2), Brais (6), Iago (11), Antón (2), Jorge (1) -equipo inicial- Martín, Heitor, Iván Eiroa, Luís, Ricardo (1), Damián, Chouciño.

Caixanova Octavio 35 (18+17): Pablo, Joaquín (1), Andrés (7), Rubén (7), Crespo (4), Abraham (2), Diego (8) -equipoinicial- Ismael (1), Germán (3), Bruno, Adrián (1), Alberto (1)

Colexiados: Os colexiados designados non se presentaron no encontro e finalmente dirixiu a contenda Luís, o segundo técnico do Caixanova Octavio, que fixo unha boa arbitraxe.

O Vipecón Xiria e o Caixanova Octavio, líder da competición e un dos máximos aspirantes ao título, disputaban un dos partidos máis atractivos sa División de Honra cadete. O Vipecón, dado o seu excelente momento de forma, podíalle plantar cara aos vigueses, como xa demostrara nos primeiros trinta minutos do partido que disputaron na primeira volta da liga.

O encontro iniciouse cun equipo carballés fantástico na súa actitude e no seu xogo de ataque e contraataque, aínda que en tarefas defensivas costáballe moito parar o potencial atacante do Octavio. Na primeira metade, o partido era vibrante e precioso de ver para o público presente nas bancadas da pista carballesa, xa que tanto locais como visitantes desregaban un xogo intenso e rápido, moi atractivo para os alí presentes. Foi o Vipecon Xiria un equipo capaz de mirarlle á cara ao potente equipo vigués, cheo de xogadores un ano maiores que os do cadro bergantiñán. As diferenzas, mínimas a prol dos visitantes (tan só de un e dous goles ao longo dos primeiros vintasete minutos), rompíanse cando, nos tres últimos minutos da primeira parte e coincidindo cun troco defensivo por parte dos de Vigo, estes conseguían un parcial de 0-4 e retirabanse ao vestiario cun resultado de 13-17.

Na reanudación os de Carballo tiveron que remar contra corrente, dada a dificultade que presentaba recurtar cinco goles a un equipo da entidade do Octavio, pero o bo xogo, a calidade dos rapaces e o tesón que amosaban conseguían reducir a desvantaxe a tan só dous goles a falta de sete minutos. Nos últimos minutos do encontro, voveu pasar algo parecido ao acontecido na primeira parte e a maior experiencia dos xogadores do Octavio unido á ansiedade dos locais por seguir recurtando a diferenza, facilitaron que o Caixanova Octavio se levarse os dous puntos por mor das perdas de balón e lanzamentos mal seleccionados que propiciaron rapidos contraataques que levaron o marcador final ao definitivo 29-35, cun parcial de 16-17 na segunda metade. A pesar da derrota, a mellora dos rapaces do Vipecón está a ser espectacular, como xa veñen demostrando nos últimos tempos ao igual que no partido de hoxe, plantándolle cara a todo un Caixanova Octavio.

O vindeiro partido para o Vipecón sera en Carballo fronte ao Bueu Atl., quinto clasificado e equipo que precede aos carballeses con tan só un punto de vantaxe.