Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

VIPECÓN XIRIA 27 – CAIXANOVA OAR 30

Vipecón Xiria 27 (12+15): Iván, David (4), Miguel (6), Rubén (1), Álex (3), Jorge Viñas (8), Jorge Bouzas (3) -equipoinicial- Bisbi, Edu, Heitor (1), Javi, Martín(1). Caixanova OAR 30 (13+17):…

Vipecón Xiria 27 (12+15): Iván, David (4), Miguel (6), Rubén (1), Álex (3), Jorge Viñas (8), Jorge Bouzas (3) -equipoinicial- Bisbi, Edu, Heitor (1), Javi, Martín(1).

Caixanova OAR 30 (13+17): Dani, Jaime (5), Manuel (6), César (5), Gonzalo (5), Sergio (3), Ángel (4) -equipo inicial- Miguel, Jorge, Julio, Rodrigo(2).

Colexiados:Juan Ben e David Pérez.

Disputábase un dos encontros, a priori, máis atractivos que se poden ver na División de Honra Cadete. Enfrontábanse, na pista carballesa da Zona Escolar, dous verdadeiros equipazos, con moito futuro nas súas filas. O equipo coruñés chegaba como líder e contaba todos os seus partidos por vitorias. Os de Carballo, eran segundos, a dous puntos do OAR logo de encaizar na anterior xornada unha derrota na pista do Teucro.

O partido non defraudou as expectativas. Xa dende o inicio os dous equipos amosábanse contundentes, intensos e moi competitivos, despregando un xogo rápido e vistoso en ataque con moitas mostras de calidade e moita prudencia en tarefas defensivas. A primeira parte desenvolveuse con moita igualdade no marcador, practicamente con mínimas vantaxes para un e outro equipo ao longo dos trinta minutos. O marcador, que reflectía no intermedio un 12-13 para os visitantes, deixaba todo o suspense cara o reinicio.

A segunda metade foi vibrante e chea de tensión. Os visitantes conseguían facer moito dano nos primeiros compases e poñían un 1-6 de parcial en sete minutos que obrigaba ao entrenador local a pedir un tempo morto para axustar unha defensa que non estaba a ter a profundidade e contundencia da primeira parte. Esta distancia de seis goles máis tarde sería definitiva. Pero, como era de prever, os locais non se deron por vencidos e achegáronse no marcador grazas a unha defensa individual que se converteu en dobre mixta nos derradeiros momentos, pero o saber estar dos coruñeses e o escaso tempo restante facía insuficiente a remontada.

Destacar a loita e a entrega dos carballeses, que a próxima fin de semana descansarán, por mor dos compromisos da selección autonómica. O vindeiro partido será dentro de 15 días fronte ao potente Lavadores de Vigo a domicilio.