VIPECÓN XIRIA 29 – CAIXANOVA OAR 33

Vipecón Xiria 29 (14+15): Bisbi, David (4), Miguel (4), Brais (3), Iago (15), Jorge (1), Antón (2) –equipoinicial– Joaquín, Ricardo, Chouci, Heitor, Damián, Luís, Iván.

Caixanova OAR 33 (15+18): Ignacio, Jesús, Miguel (1), Marcos (12), Gonzalo (5), César(5), Juan (5) -equipoinicial- Ismael (2), Andrés, Rubén (2), Pablo (1), Ángel, Alberto,Kevin.

Colexiado: Pablo Méndez, non estivo afortunado pero non influiu no resultado final. É un colexiado novel e sen experiencia que tivo que arbitrar sen axuda ningunha un partido tan complexo como este, polo tanto deberemos de darlle o noso apoio para que mellore.

Comezou a competición na División de Honra ccadete e comezaba cun prato forte, disputábase quizais o partido máis atractivo que se pode ver na zona norte de Galicia nesta categoría. Dous verdadeiros equipazos con moito futuro nas súas filas enfrontábanse na pista carballesa da Zona Escolar. Era o terceiro partido nun mes no que se enfrontaban os dous equipos, nos anteriores, saíra vencedor o Vipecón Xiria pola marxe mínima e este intuíase que ía ser igual de competitivo. O partido non defraudou as expectativas, xa dende o inicio os dous equipos amosábanse contundentes e intensos, despregando un xogo rápido e vistoso en ataque, con moitas mostras de calidade, e moita prudencia nas tarefas defensivas. A primeira metade desenvolveuse con moita igualdade no marcador, con mínimas vantaxes para un e outro equipo ao longo dos trinta minutos. O marcador reflectía un 14-15 para os visitantes no intermedio e deixaba todo o suspense cara o reinicio.

A segunda metade foi vibrante e chea de tensión. Os visitantes conseguían facer moito dano polos extremos, sobre todo nos primeiros minutos, onde os exteriores do Vipecón non estiveron acertados nas axudas defensivas. Así foi que en dez minutos os coruñeses marcaban unha importante distancia de cinco goles que máis tarde sería definitiva. Como era previsto, os locais non se deron por vencidos e achegáronse no marcador grazas a unha defensa individual a toda cancha, pero o saber estar do OAR e o escaso tempo restante facía imposible a remontada.

Destacar a loita e a entrega dos bergantiñáns que a vindeira fin de seman viaxan a Vigo para enfóntarse ao Seis do Nadal, un dos candidatos o título.