XORNADA 4
11/10/2008 BM CISNE GRUPO PIRSA 25 – CALVO XIRIA 25
Bm Cisne Grupo Pirsa 26 (12+13): José, Ínigo (7), Fernando (3), Alberto (3), Mera (1), Vidal, Carlos (6) – equipo inicial – Jorge, Novás, Fabián, Javier (2), Cima, Xosé, Pablo (3).
Calvo Xiria 25 (15+10): Quique, Cuco (1), Ángel (2), Bruno (1), Pablo (3), David (3) e Dubra (2) -equipo inicial- Iago, Alex, Borja (10), Chimpo (1), Pombo (1), Manuel e Jesús.
Colexiados: Tatiana González e Daniel Portela, sinalaron dúas exclusións aos locais por sete aos visitantes, cinco delas na segunda metade.
Parciais: 1-3, 4-6, 6-9, 10-14, 12-15, 15-17, 18-17, 21-19, 21-21, 22-23, 25-25.
Partido correspondente á cuarta xornada da liga de 1º Nacional disputado no Estadio da Xuventude en Pontevedra ante uns 200 afeccionados entre os que se deixou notar o apoio de máis de medio centenar de seareiros do Calvo que empuxaron ao seu equipo durante todo o encontro. Resultado final de empate a 25 tantos.
Comezou forte o Xiria que conseguía unha renda de tres goles nos primeiros cinco minutos e que se moveu entre os dous e catro goles ata o descanso ao que se chegou cun parcial de 12 – 15 favorable aos carballeses. Primeira parte marcada polo bo facer da defensa carballesa xunto coa colaboración de Quique na portería que se transformaba en ataque en goles da man de Borja. O Cisne limitouse a manterse no encontro ante os poucos, pero importantes, erros que cometían os xogadores do Xiria na súa parcela defensiva.
A volta dos vestiarios pouco cambio a decoración e os pontevedreses so recortaron un gol nos primeiros cinco minutos apoiados nunha exclusión de Chimpo xusto antes de rematar o primeiro tempo. Pero a partir de aquí o Calvo baixou moito nas súas prestacións ofensivas e defensivas o que se traduciu nas primeiras vantaxes do Cisne, 21-19 no minuto corenta e cinco, situación que se mantivo ata o minuto cincuenta no que o partido se atopaba empatado a 21 goles. Os carballeses tiveron a vitoria nas súas mans pero dúas perdas de balón nos derradeiros dous minutos fixeron que os pontevedreses chegaran con opcións de empatar nun derradeiro ataque en superioridade numérica que aproveitaron para empatar a falta de doce segundos. O Calvo Xiria deu por bo o punto e buscou asegurar o resultado. Unha magoa os quince minutos de baixón do Calvo que impediu traerse os dous puntos para a Zona Escolar, mais no lado positivo o mantemento da condición de invicta nesta longa e durísima competición.