VIPECÓN XIRIA 31 – MECALIA ATL. NOVÁS 24
Vipecón Xiria 31 (16+15): Iván, Heitor (3), Rubén, JorgeViñas, MartínAlfeirán (5), Jorge Bouzas (4), Álex (1) -equipoinicial- David (11), Eduardo (4), Miguel (3), Bisbi, Javi. Mecalia Atl. Novás 24 (15+9):…
Vipecón Xiria 31 (16+15): Iván, Heitor (3), Rubén, JorgeViñas, MartínAlfeirán (5), Jorge Bouzas (4), Álex (1) -equipoinicial- David (11), Eduardo (4), Miguel (3), Bisbi, Javi.
Mecalia Atl. Novás 24 (15+9): José, Mario (6), Dani (10), Fabián (2), Diego (1), Jorge (3), Óscar (2) -equipo inicial- Xabier, Juan, Mario, Adrián, Óscar, Marcos.
Colexiados: José María García. Non estivo afortunado, pero que non influíu no resultado final.
O Vipecón Xiria xogaba o seu primer partido da tempada ante o seu público contra un dificilísimo rival como é o Atl. Novás do Rosal, ambos equipos comandaban a clasificación tras a disputa da primeira xornada.
O partido comezaba con moita intensidade, cos de Carballo entrando con moita forza no encontro e tomando a dianteira, que chegou a ser nestes inicios de catro goles de vantaxe, xogando na súa maioría cos xogadores de primeiro ano que o estaban a facer de maravilla. Lonxe de darse por vencido e despois dun tempo morto pedido polo seu entrenador, o Novás non lle perdía a cara ao partido e traballaba convencido de que quedaba moito partido por xogar. Os visitantes mantiveron a loita durante toda a primeira metade e os de Carballo non lles ían á zaga. Isto propiciaba un toma e daca que remataba no seu primer asalto con un marcador de 16-15 a prol dos locais. As bancadas estaban disfrutando dun espectaculo fantástico, cheo de loita e intensidade por parte dos dous equipos e que prometía moito máis cara á segunda parte.
Na reanudación, o Vipecón Xiria levou o ritmo do partido, aínda que as vantaxes seguían a ser mínimas. Foi entón cando, xa chegando ao final, David, recentemente convocado coa selección española promesas, tomaba as rendas do equipo e facía cinco goles de xeito consecutivo que permitían ao Vipecón Xiria despegarse no marcador no mellor momento. Ao remate do encontro, un 31-24 que lles permite aos de Carballo seguir no máis alto da taboa clasificatoria.
Bo traballo de toda a plantilla, destacando, sobre todo, aos rapaces de primeiro ano que afrontaron o partido cunha madurez impropia da sua idade, sen botar en falta a David, que non estaba no seu mellor momento, xa que unha lesión lle impedira adestrar durante toda a semana.
A vindeira fin de semana o Vipecón Xiria visita o pavillón ourensán dos Remedios para medirse ao Bm Pabellón Ourense.