BM LALIN 40 – GARAYSA XIRIA 25
Bm Lalín 40 (17+23): Daniel, Arón (9), Marcos (6), Fabián (8), Duarte (4), Antonio (3), Manuel (1) -equipo inicial- Xoán (2), Jorge (2), Román (3), David (2). Garaysa Xiria 22…
Bm Lalín 40 (17+23): Daniel, Arón (9), Marcos (6), Fabián (8), Duarte (4), Antonio (3), Manuel (1) -equipo inicial- Xoán (2), Jorge (2), Román (3), David (2).
Garaysa Xiria 22 (8+14): Daniel Buño, Iván (2), Julián (7), Raúl (1), Manuel (6), Enrique, Cristian (1) -equipo inicial- Jorge, Daniel García (1), Alberto (3) Gabriel, Óscar (2), Diego (2).
Colexiado: Srs. López e Rosende.
Segunda derrota do Garaysa Xiria na liga de División de Honra infantil masculina. O Balonmán Lalín, actual campión de liga, foi netamente superior ao un equipo carballés que mantivo o tipo durante corenta minutos, pero os dez minutos finais foron moi costa arriba con continuas perdas de balón.
O conxunto de Carballo, composto case na súa totalidade por xogadores de 1º ano, está a sufrir para amoldarse a unha nova categoría con moitas máis esixencias e presenza física dos rivais. Pouco a pouco vai mellorando en diversos aspectos pero queda aínda moito traballo por diante nunha tempada que ten que ser de aprendizaxe tanto no xogo coma na competición.
No partido do luns os rapaces do Garaysa foron superados por un conxunto moito máis acostumado a este tipo de partidos e con moita máis experiencia no balonmán a sete. A falta de consistencia defensiva e de frescura nos derradeiros dez minutos foron determinantes para que a diferenza que, ata ese momento non foi nunca superior aos cinco tantos, se disparase con moitos contraataques por parte dos locais que non tiñan resposta polo lado carballés.
A vindeira fin de semana o Garaysa Xiria recibe ao Balonmán Moaña, partido que se disputará o sábado ás 12.15 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo.