Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

VIPECÓN XIRIA 40 – BALONMANO PORRIÑO 20

Vipecón Xiria: 40 (16+24): Zúpez, Julián (8), Rubén Gómez (5), Cristian (6), Edu (2), Calvete (5), Javi (2) -equipo inicial-Miguel (2), Rubén Anes, Marc (1), Alberto (2), Jorge (1), Martín…

Vipecón Xiria: 40 (16+24): Zúpez, Julián (8), Rubén Gómez (5), Cristian (6), Edu (2), Calvete (5), Javi (2) -equipo inicial-Miguel (2), Rubén Anes, Marc (1), Alberto (2), Jorge (1), Martín (3), Álex (3).

Balonmano Porriño: 20 (10+10): Xoan, Gonzalo (3), Adrián (5), Sergio, Brais (8), Pereiro (2), Gabriel (2) -equipo inicial- Abdelhadi, Samuel, Pereira, Álex

Colexiados: Cesar Carballo e J. Andrés Gilsanz.

O Vipecón Xiria iniciaba a segunda volta na liga División de Honra Cadete enfrontádose ao colista co obxectivo de conseguir os dous puntos para manterse na segunda praza seguindo a estela do líder Lalín, que conta con un puto máis que os de Carballo .A diferenza entre ambos contendentes indicaba que podía ser un encontro plácido para os do Vipecón.

Dende o inicio o equipo bergantiñán plasmou sobre o terreo de xogo o guión descrito e foi insultantemente superior en todas as facetas do xogo, demostrando o porqué do seu favoritismo como un dos candidatos a loitar polos postos altos da táboa clasificatoria. A defensa local impoñíase aos ataques do Porriño e, tras rápidos contraataques, os de Xiria perforaban unha e outra vez a portería contraria para establecer, xa nos primeiros trinta minutos, unha cómoda distancia. A ambición dos carballeses e a súa intensidade en todos os aspectos do xogo fixo posible que se retiraran ao vestiario cun resultado parcial de 16-10.

O envite servíu para que puideran disfrutar de máis minutos os xogadores de primeiro ano e o seu nivel foi máis que sobresainte, demostrando o gran plantel do que poden presumir os de Xiria a día de hoxe. Na reanudación, pouco a pouco, continuaban aumentando as vantaxes, baseándose nun balonmán de alta calidade e dinamismo. A pesar da diferenza no electrónico, os do Vipecón souberon manter a intensidade e competitividade no parqué do Carballo Calero ata o pitido final, feito que propiciou o avultado do resultado, 40-20, e, polo tanto, a posibilidade de manter ese segundo posto da táboa clasificatoria.

Na vindeira xornada, o Vipecón Xiria desprazarase o domingo ata Ourense para xogar co Balonmano Pabellón.