Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 35 – O.A.R. CORUÑA 33

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 16 29/01/2011 CALVO XIRIA 35 – O.A.R. CORUÑA 33 Calvo Xiria 35 (20+15): Iago [p], Cuco, Cristophe (1), Jesús (4), Álex García, Manu (6), Dubra…

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 16

29/01/2011 CALVO XIRIA 35 – O.A.R. CORUÑA 33
Calvo Xiria 35 (20+15): Iago [p], Cuco, Cristophe (1), Jesús (4), Álex García, Manu (6), Dubra (5) -equipo inicial- Kike[p], Pablo (11/3 p), Borja (2), Ángel (1), Fer (1), Álex Zas (2) e Ramón (2).

O.A.R. Coruña 33 (10+23): Cristian [p], Lozano (7), Couceiro, Iglesias (1), Fabián (7), Pardales (1), Chimpo (1) -equipo inicial- Kaskon [p], Acuña (3), Yoel, Tati (2), Joaquín (9/4 p), Aitor (2) e Xosé.

Colexiados: Tatiana González Carvallo e Carla Diz Sierpes (Federación Territorial de Galicia). Sinalarón 9 exclusións para o Xiria e 6 para o O.A.R.. Excluiron polo Calvo Xiria a Cuco (min. 15, 39 e 46), Dubra (min. 25), Ramón (min. 32), Jesús (min. 44 e 56), Álex garcía (min. 51) e ao técnico Marcos Rodríguez (min. 58). Polo O.A.R. foron excluidos Acuña (min. 23 e 52), Pardales (min. 20 e 43), Joaquín (min. 26) e Lozano (min. 30).

Marcador: 5-1, 7-5, 12-5, 15-6, 16-8, 20-10 (descanso); 22-14, 24-19, 27-22, 31-25, 33-28, 35-33 (final).

7 metros: Calvo Xiria: 3 / 3 ### O.A.R. Coruña: 4 / 4
Partido pertencente á 16ª xornada de liga na 1ª Divisón Estatal, que supoñía o terceiro derbi provincial da campaña entre estes dous conxuntos, e que, ao igual que os dous anteriores, caeu de novo para o bando carballés. Cos reultados desta xornada o Calvo Xiria sube un posto e colócase 5º na clasificación a tan só un punto da segunda praza, posición que da dereito a xogar a fase de ascenso. Salientar a gran igualdade existente posto que entre o 2º clasificado e o 8º hai tan só dous puntos de diferenza.

De arrolladora se pode calificar a saída do Calvo Xiria á pista da zona escolar, os de Carballo, lucindo as súas armas, con unha excelente e contundente defensa e un xogo veloz e dinámico, unido á aportación de Iago na meta, desarbolaron por completo, durante todo o primeiro periodo, ao equipo da Coruña que non era quen de seguir o alto ritmo imposto polos de Marcos Rodríguez. Ao intermedio chegábase con un 20-10 que presaxiaba unha segunda metade de trámite, plácida e tranquila para o Xiria.

Pero nada máis lonxe da realidade, no segundo acto os de Carballo baixaron o listón e a intensidade defensiva e comezaron a cometer numerosos erros no ataque que arengaron aos herculinos e propiciaban que o OAR, pouco a pouco, se fose metendo no partido, chegando a colocarse, nuns derradeiros minutos nos que o Calvo sufriu varias exclusisóns de xeito consecutivo, a tan só un gol por detrás no electrónico. Pero os de Xiria souberon xogar eses derradeiros intres, espouledaos polos seus dende a grada, con maior claridade deixando ao OAR sen a posibilidade de culminar a remontada. Ao final festa na bancada carballesa e manteo por parte dos seus compañeiros para o pivote carballés Cuco que di adeus á temporada por motivos laborais.

A vindeira fin de semana, outro dificil encontro para os de Carballo, que visitan a sempre complicada cancha do Balonmán Lalín, 4º clasificado cos mesmos puntos que o Calvo Xiria. O encontro dispútase o sábado ás 18.30 h no Lalín Arena.