Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

VIPECÓN XIRIA 40 – CLUBE BALONMÁN TUI 21

Vipecón Xiria: 40 (22+18): Zúpez, Óscar (2), Martín (9), Javi (5), Jorge (7), Calvete (5), Rubén Gómez (5) -equipo inicial-Anes, Edu, Miguel (1), Julián (3), José (2), Marc, Álex (1).…

Vipecón Xiria: 40 (22+18): Zúpez, Óscar (2), Martín (9), Javi (5), Jorge (7), Calvete (5), Rubén Gómez (5) -equipo inicial-Anes, Edu, Miguel (1), Julián (3), José (2), Marc, Álex (1).

Clube Balonmán Tui: 21 (12+9): Yoel, Diego (7), Pons, Kevin (2), Martín, Javi (3), Míguez -equipo inicial- Jhoan, Pereira, Brian (2), David, Ignacio (2), Carlos (5).

Colexiado: Pablo Goitia e A. Moledo.

O Vipecón Xiria conseguiu un novo resultado contundente na 14ª xornada de liga na División de Honra Cadete e continua na segunda posición da tábao a un só punto do líder Lalín.

O Tui é un equipo da zona media da táboa que presenta un caracter competitivo e un espíritu de loita máis que notable, de aí que os que os dous puntos e o resultado tan avultado conquerido polos do Xiria teña moito mérito.

Dende o inicio o Vipecón impoñíase con absoluta contundencia en tarefas atacantes e de forma máis que sinxela batía unha e outra vez a portería local, impoñendo unha abrumadora superioridade técnica e táctica nos seus xogadores. Aínda así, as distancias no electrónico non amosaban a enorme diferenza que se estaba a ver entre un e outro equipo, xa que os de Carballo xogaban a medio gas na súa defensa, seguramente influenciados tamén polo xogo desordenado e atípico dos de Tui. Con isto e con todo, o partido foi moi plácido para o Vipecón, que xa no descanso mandaba no marcador por unha ampla diferenza, 22-12.

A segunda parte non tivo historia e no equipo carballés disfrutaron de moitos minutos todos os xogadores convocados, dando mostras do gran nivel que atesouran. Tan só con rápidos contagolpes e co xogo sin balón en ataque, os de Xiria poñían as cousas no seu sitio con parciais de escándalo e deixaban o marcador final no coñecido 40-21.

Na vindeira xornada o Vipecón Xiria visita Pontevedra para enfrontarse, o domingo ás 10.30 h no C.G.T.D., ao Club Cisne de Balonmán.