Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CLUB CISNE DE BALONMÁN 35 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 31

Club Cisne de Balonmán: 35 (22+13): Adrián, Javier (7), Chan (10), Julián (4), Estanislao (2), Lino (5), Miguel (2) -equipo inicial- Jaime, Piñón, Latas (3), Andrés, Pablo, André, Eloy (2).…

Club Cisne de Balonmán: 35 (22+13): Adrián, Javier (7), Chan (10), Julián (4), Estanislao (2), Lino (5), Miguel (2) -equipo inicial- Jaime, Piñón, Latas (3), Andrés, Pablo, André, Eloy (2).

Ifecgás Pereira Xiria: 31 (14+17): Igor, Cristian (1), Iago (6), Jorge Viñas (5), Miguel (3), Alvarito (3), Mario –equipo inicial- Dani López, Jorge Bouzas (2), Martín Rial (1), Joaquín (1), Álex, Dani Amado, Martín Alfeirán (9).

Colexiados: Farruco Soliño e Andrés Bacelar.

O Ifecgas Pereira Xiria acudía a Pontevedra para medirse ao Cisne na 15ª xornada da liga de División de Honra Xuvenil con dúas importantes baixas, Brais, mancado dende hai un par de meses, e David, concentrado coa selección española promesas. Os de Carballo afrontaban un encontro desigual se facemos caso á taboa clasificatoria e ás baixas antes anunciadas, pero a realidade e que o equipo demostrou unha vez máis a capacidade de superar calquera adversidade e a punto estivo de dar a sorpresa nunha das pistas máis complicadas da categoría.

O primeiro asalto do envite foi claramente do Cisne, que, cunha saída arrolladora e un dinamismo notable no seu xogo, entraba antes no encontro e mantiña diferencias moi cómodas e amplas ao longo dos primeiros trinta minutos. Dende o 4-1 nos primeiros cinco minutos, os de Pontevedra foron ampliando a súa renda ata un máximo de oito goles, diferenza coa que remataba a primeira metade, 22-14.

O Ifecgás, lonxe de baixar os brazos e de caer rendido ante os locais despois do demostrado, amosouse, na reanudación, como un equipo sumamente maduro e disciplinado. O xogo dos de Carballo era moito máis combinativo e a velocidade de balón no ataque posicional así como a solidariedade en canto ás respostas dos compañeiros daban os seus froitos cara a selección de lanzamento final contra a portería pontevedresa. Pouco a pouco e sen facer moito ruido os carballeses íanse achegando no electrónico ata meter o medo no corpo aos do Cisne nos últimos minutos. Os do Xiria nun par de recuperacións de balón dispuxeron dun contraataque para poñerse a tan só dous goles de diferenza cun minuto por disputar. Finalmente a finalización do contragolpe bateu no pau e no posterior ataque os pontevedreses sentenciaban o choque.

Excelente encontro do Xiria que amosou unha faciana boa e ilusionante para seguir traballando, facendo unha máis que notable segunda matade con tres xogadores cadetes en pista e sen poder contar con dous baluartes importantísimos como son Brais e David.

Na vindeira xornada o Ifecgás Pereira Xiria recibe a visita, domingo ás 10.30 h no Pavillón Carballo Calero, do Clínica Deza Balonmán Lalín, equipo que se situa un posto por encima dos carballeses con un punto máis. Importantes dous puntos que podería facer que o Ifecgás recupere a sétima posición na táboa.