Foto de presentación para o Calvo Xiria nos prolegómenos do partido que o enfrontaba ao Bm. Lalín, un equipo con moitísima experiencia na categoría e con xogadores que militaron en categoría superior retornados esta tempada ao seu club, que se atopou coa intensidade e a firmeza dos verdibrancos no que supuxo a súa segunda vitoria en outras tantas xornadas. Terá así moita tranquilidade para afrontar as vindeiras xornadas ante os dous máximos favoritos para o ascenso de categoría.
Coñecedores uns e outros da preferencia do rival polo contraataque, tomaron moitas medidas preventivas para evitar que se puidese correr e anotar goles con comodidade, deixando todo o peso ofensivo ao xogo estático. O primeiro terzo de partido foi de igualdade máxima, con respostas continuadas do Lalín aos goles dos carballeses. Nembargante entre o minuto vinte e trinta, tirando do bo partido de Martín no lanzamento exterior foi quen o conxunto local de marcharse aos vestiarios cunha renda de tres goles a favor. A defensa e a portería volvían ser claves no conxunto bergantiñán para levar o mando no encontro e aí, Jorge e Ramón no centro da zaga tiveron moito que ver cas dificultades nas que se atopou a primeira liña roxinegra.
O segundo acto tivo un claro dominador no seis contra seis, o equipo local, mais as exclusións dos carballeses deron folgos aos dezáns que chegaron a poñerse a un so gol a falta de doce minutos. De novo a faceta defensiva do Calvo Xiria foi vital, pois unindo o seu excelente traballo ca paciencia necesaria no ataque resultou que os puntos quedaron na casa poñendo o broche a un bo partido no que de novo o colectivo amosou ser a mellor arma do conxunto do Calvo Xiria.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante 300 espectadores. Marcador cada cinco minutos: 3-3, 6-5, 8-7, 10-9, 12-10, 15-12, descanso, 17-14, 19-16, 21-18, 23-21, 26-23, 29-25.
Colexiados: Juan Cuesta Miyares e Santiago Piñera Fombona do colexio asturiano. Excluíron a Ramón (13´), Brais (46´e 48´), Gonzalo (48´) e Sergio (53´) nos locais e a Alexandre (17´e 24´), Roberto (27´), Miguel (30´e 48´), e Martín Iglesias (55´) nos visitantes.
CALVO XIRIA (29: 15 + 14): Alejandro Naya [p], Ramón Suárez-Pumariega (2), Javier Rodríguez, Martín Alfeirán (8), Brais Puñal (1), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas, Martín Gómez [p], Alejandro Calvete (1), Pablo Iglesias (6), Sergio Facal (4), Gonzalo Pombo (2), Julián López, Iván Campos.
EMBUTIDOS LALINENSE BM LALÍN 25 (12+13): Carlos Durán [p], Ramón Gil (3), Gustavo Lázara (4), Adrián Crespo (2), Martín Losón, Roberto Álvarez (1), Jorge Cortés, Martín Iglesias, Bruno Fernández, Rubén Martinez (2), Miguel Porto (4), Alexandre Dacosta (7), Aser Pereira (2), Iago Gonzalez [p], José Pedreira.
Terceiro posto para o Calvo Xiria na táboa clasificatoria da liga de 1ª Estatal.