Sábado e domingo de Balonmán
Xoga o Calvo Xiria esta xornada na casa, e o fará ante un dos equipos chamados a estar na parte máis alta da táboa clasificatoria ao rematara da tempada, o…

Xoga o Calvo Xiria esta xornada na casa, e o fará ante un dos equipos chamados a estar na parte máis alta da táboa clasificatoria ao rematara da tempada, o Balonmán Lalín. Será no Pavillón Municipal Vila de Noia a partires das 18:00 horas. Partirán os carballeses ca vantaxe do ter os seus seareiros na grada, sendo, sen dúbidas, un xogador máis dos seus. Os seus folgos en partidos como o da tarde do sábado serán fundamentais para acadar algo positivo no que a puntos se refire.
No apartado deportivo contará o Calvo Xiria ca mesma convocatoria que hai sete días en Pontevedra, toda vez que Mario García non se recuperou das molestias no seu ombreiro. Alejandro e Martín Gómez na portería, Sergio, Brais, Javier, Ramón e Alejandro Calvete na segunda liña, Pablo, Manuel, Gonzalo, Martín Alfeirán, Jorge, Julián e Iván na primeira liña serán os encargados de acadar a primeira vitoria na casa. Para poder cumprir co seu obxectivo deberán de raiar una altísimo nivel na defensa a base de anticipación e moitas axudas para parar o lanzamento exterior dos dezáns e o xogo co pivote. No ataque todos deberán aportar gol e confianza no movemento de balón co gallo de evitar as perigosas contras do Lalín.
Este sábado a partir das 8 da tarde no Pavillón Vila de Noia o Goldie Xiria comezará a súa segunda tempada na Primeira División Autonómica. Nesta nova tempada troca o sistema de competición dividíndose en dous grupos, dos que os catro primeiros clasificados enfrontaranse nunha fase final polos postos de ascenso, e os restantes xogarán pola clasificación do noveno ao derradeiro.
O Goldie Xiria, quedou encadrado con outros sete equipos, dos cales BM Porriño, Lavadores, Carballal e Camariñas, parecen a priori partir coma favoritos para clasificarse, e no que o resto de equipos nos que se inclúe o Goldie Xiria, BM Ferrolterra, SD Teucro e Auria CD.
O debut será ante o Bm Ferrolterra un equipo de similar potencial as carballesas, e ao cal se debe impoñer se quere ter opción de clasificarse entre os 4 primeiros. O rival deste sábado destaca pola contundencia defensiva, cun aguerrido 6:0 e con boa portería, con máis dificultades no seu ataque, o Xiria deberá imprimir velocidade nas acción de ataque e presión nas defensivas coa intención de roubar o maior número de balóns posible.
Para a convocatoria deste sábado, serán baixas seguras Manon Añón, Raquel Gómez e Jessica Posse, e espérase unha evolución favorable de Sara Pombo e Marta Regueira, polo tanto estarán a disposición de Toni García: Brenda Noya (porteira) Juana Garrochena, Natalia Solís, Tamara Pombo, Zeltia Landeira, Marta Regueira, Sara Pombo, Cristina Gende, María Gómez, Adriana Gómez, Patricia García.
O Club aproveitará este dobre enfrontamento para presentar o equipo sénior masculino e feminino ás 17:45 ante a súa afección, patrocinadores, colaboradores, representantes do Concello e prensa.
Tamén esta fin de semana, o domingo no municipal Vila de Noia, inícianse a competición nas categorías de base Xuvenil, Cadete e Infantil na división de Honra. Haberá un triplo enfrontamento entre o Xiria e o Octavio de Vigo. Os horarios son os seguintes:
10:00 Infantil: Garaysa Xiria – Academia Octavio
11:15 Cadete: Grupo Lemaco Xiria – Academia Octavio Pizza Móvil
12:45 Xuvenil: Xiria – Academia Octavio Pizza Móvil
