Vitoria do Calvo Xiria para despedir o ano
Derradeiro partido antes do parón de Nadal para o Calvo Xiria no que se levou a vitoria ante o conxunto vigués de Coia logo de facer un bo partido, sobre…

Derradeiro partido antes do parón de Nadal para o Calvo Xiria no que se levou a vitoria ante o conxunto vigués de Coia logo de facer un bo partido, sobre todo no control do ritmo de xogo.
Os primeiros vinte minutos de partido foron de moita igualdade, cun Seis do Nadal xogando a un ritmo alto, o mesmo que lle gusta aos carballeses, e tirando proveito de algún que outro erro, sobre todo no lanzamento por parte do Xiria para manter o marcador igualado. A partires do minuto 20, o Calvo Xiria incrementou a súa velocidade de desprazamento de balón, e puxo un punto máis de intencionalidade na faceta defensiva, os locais non tiveron tempo a reaccionar e deste xeito o líder da categoría marchaba cun +4 aos vestiarios que lle permitía afrontar o segundo tempo cunha vantaxe que lle daba marxe a marcar diferentes ritmos, e agardar a que o seu rival tivese que arriscar para roubar algún balón. Así foi coma, a base de paciencia, a defensa viguesa deixaba ocos que aproveitaron os carballeses, que a pesares de errar demasiados lanzamentos, acadaban unha vantaxe de +8 mediado o segundo tempo que rompía de xeito definitivo o encontro.
Agora tocan tres fins de semana sen competición, nos que o Calvo Xiria tratará de recuperar forzas para a segunda parte da competición, ao tempo que sigue a traballar para tratar de mellorar no seu xogo de cara aos próximos partidos.
Incidencias: partido disputado no Pavillón Municipal de Coia ante preto de 200 seareiros. Colexiados: Francisco Molina Baena e José Molina Baena do colexio andaluz. Castigaron con exclusión polo Magope Seis do Nadal Coia a Pablo García (17´, 24´), David Alves (23´), Iván López (42´), Jacobo Rodríguez (44´, 50´), Denis Estévez (56´), namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Manuel Méndez (9´, 35´), Martín Alfeirán (19´), Sergio Facal (25, 31´), Pablo Iglesias (26´), Brais Puñal (32´), Javier Rodríguez (34´) e amosaron cartón vermello a Miguel Suárez-Pumariega (52´). 7 metros: Magope Seis do Nadal Coia 3//5 Calvo Xiria 4//4. Marcador cada 5 minutos:2-1, 6-5, 8-7, 10-11, 12-13, 13-17, descanso, 15-20, 16-22, 17-25, 19-26, 20-26, 23-28.
MAGOPE SEIS DO NADAL COIA 23 (13+10): Juan B. Tizón [p], Diego García [p], Alberto Bao (1), Denis Estévez (2), Javier Freijeiro (4), Adrián Leiros (1), Marcos Treinta (1), David Alves (1), Iván López (3), Jacobo Rodríguez (7), Pablo García (1), David Costa (2), Andrés Novoa.
CALVO XIRIA 28 (17+11): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Carlos Vilanova (1), Gabriel Castiñeiras, Brais Puñal, Pablo Iglesias (9), Martín Alfeirán (5), Miguel Suárez-Pumariega, Uxío Batán, Manuel Méndez (2), Sergio Facal (5), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete (2), Javier Rodríguez (3).


