As «Guerreras Júnior» xogaranse a clasificación para o Campionato de Europa en Carballo
FASE DE CLASIFICACIÓN PARA O EUROPEO JÚNIOR FEMININO 2017 A Selección Española Júnior Feminina (Sub 19 – Guerreras Junior) quedou encadrada no Grupo 2 de clasificación para o Campionato de…

FASE DE CLASIFICACIÓN PARA O EUROPEO JÚNIOR FEMININO 2017
A Selección Española Júnior Feminina (Sub 19 – Guerreras Junior) quedou encadrada no Grupo 2 de clasificación para o Campionato de Europa e deberá loitar, nunha fase a 4, con Rumanía, Lituania e Islandia para tentar acadar a clasificación para a fase final do Campionato de Europa que se disputará en Eslovenia no verán de 2017.
Estamos enormemente ledos e satisfeitos de poder anunciar que a EHF Euro Handball Federation e a RFEBM Real Federación Española de Balonmano decidiron designar Carballo como sede deste fase clasificatoria. Así, o Pavillón Municipal da Zona Escolar de Carballo acollerá a fase de clasificación os vindeiros días 17, 18 e 19 de marzo, co que poderemos disfrutar na nosa vila de 6 partidos internacionais dun altísimo nivel deportivo, con catro grandes seleccións, e animar e gozar co xogo das “Guerreras Júnior”, que terán uns complicados rivais para acadar o obxectivo de estar entre as mellores escadras continentais.
Calendario:
17/03/2017 Lithuania VS Iceland
17/03/2017 Romania VS Spain
18/03/2017 Romania VS Lithuania
18/03/2017 Spain VS Iceland
19/03/2017 Iceland VS Romania
19/03/2017 Spain VS Lithuania
http://www.eurohandball.com/ech/19/women/2017/round/2/Qualification+Tournaments
Na fase final do Europeo participarán 16 equipos dos que 2 deles sairán da fase que se disputa en Carballo. No anterior Campionato de Europa, disputado no ano 2015, as “Guerreras Júnior” remataron na oitava posición final.




