Vitoria do Grupo Lemaco contra o Lalín

Grupo Lemaco Xiria 30 – Balonmán Lalín 22 (13-13)

Tardou moito en entrar en xogo o Grupo Lemaco diante dun Lalín que despregou una boa continuidade no ataque e pechou con acerto a súa defensa ante moitas das accións do Xiria.

Non estivo cómodo no partido o conxunto do Grupo Lemaco, reservando de inicio a algúns dos xogadores máis habituais tardou demasiado tempo en coller sensacións, sobre todo no ataque posicional onde o Lalín repregado nun compacto 6:0 apenas deixaba ocos para as penetracións e os lanzamentos de distancia eran atallados polo seu porteiro, so na contra conseguía efectividade no marcador o Xiria.

Na segunda metade tras uns inicios de presas e imprecisións o Grupo Lemaco asentouse no xogo, atacando coas ideas máis claras e maior efectividade cara gol. Tamén en defensa axustou e solucionou os erros da primeira metade o que fixo coller renda suficiente para sentenciar o encontro sen problemas.

Grupo Lemaco Xiria 30 (13): Pedro Pena (porteiro) Carlos Varela 2, Mario Cancela 4, Aaron Rodríguez 4, Julián García, Esteban Puñal 2, Miguel Goimil, Javi Rodríguez 2, Dani Mallo 9, Pablo Esmorís 1, Toni Calvelo 3, Fer Mallo 2, Martín Fuentes 1 e Alex Puñal.

Balonmán Lalín 22 (13): Sergio Sar e Anton Maceira (porteiros) Miguel García 10, Xabier Crespo, Adrián Ferradás 3, Xabier Fernández, Matís López 1, Breixo Pereira 3, Alberto Rodríguez 3, Antonio Canda 2 e David Rodríguez.

Arbitraron Oscar Fernández e Erik Fernández, sen complicacións