Vitoria dos equipos benxamíns de Xiria

Vitoria dos equipos benxamíns de Xiria

Laber, Grupo Lemaco e Oak English Centre firmaron un pleno de vitorias para os equipos benxamíns de Escolas Balonmán Xiria nesta fin de semana.

Camariñas – Laber Xiria: 3 – 5 (6-6 / 6-7 / 7-5 / 5-6)
Laber Xiria: Hugo García (8), Manuel Pérez (1), Lucas Amado, Manuel García, Marco Rodríguez (1), Álvaro Vila (4), Aday Gómez (1), Mateo Pallas (9).

Chegaba o Laber Xiria con todos os seus efectivos ao partido que o enfrontaba ante un Camariñas que o derrotara na primeira volta por 2 – 6. Dende o primeiro balón viuse que a igualdade sería a tónica do encontro, xa que nin uns nin outros querían dar un balón. Salvo algún erro puntual, todos os xogadores carballeses cumpriron co seu papel dun xeito moi notable, repartíndose responsabilidades e asumindo a necesidade de que todos sumen ao colectivo. A vitoria final foi para o Laber que amosou unha gran mellora na mobilidade ofensiva dos seus xogadores respecto ao anterior enfrontamento cos camariñáns.

Ribadosar – Oak English Centre Xiria: 2 – 6 (1-7 / 5-6 / 3-5 / 7-6)
Oak English Centre Xiria: Samuel Veiga (3), Pablo Veiga (9), Alex Tato (3), Marcos Amarelle (1), Sergio Varela, Nicolás García (2), Álvaro López (1), Alberto Rodríguez (5).

Comezou moi metido o conxunto do OAK o partido que disputou no colexio Alca ante o Ribadosar. Boa defensa e rápidas contras propiciaron que os primeiros cuartos caesen do lado carballés. Mais algúns despistes no derradeiro cuarto impediron que se levasen o triunfo en todos os tempos, aínda así unha moi boa imaxe a que deixou o conxunto ao longo do encontro.

Grupo Lemaco Xiria – Alca A: 6 – 2 (7-2 / 4-1 / 5-5 / 7–7)
Grupo Lemaco Xiria: Erik Vázquez (4), Miguel Cambón (1), Samuel Regueira (6), Xurxo Fraga (4), Alejandro Vázquez (1), Daniel Cambón, Manuel Puente, Ángel (7).

Moi igualado e emocionante o partido que nos brindaron os rapaces do Grupo Lemaco Xiria benxamín ante o Ribadosar. Saíron nos dous primeiros cuartos os carballeses moi centrados nas tarefas defensivas, impedindo aos santiagueses ter opcións de lanzamento. Os dous seguintes cuartos foron moito máis axustados, tanto que houbo táboas nos dous, debido sobre todo a unha pequena baixada na intensidade defensiva que impediu recuperar tantos balóns coma no inicio, mais o ataque salvou o resultado para o Grupo Lemaco.